Actualidade

O director xeral de Xesgalicia, Juan Cividanes, participou, xunto con representantes do Igape, no encontro de traballo onde os promotores dos tres proxectos presentaron os seus plans para seguir medrando. Participaron tamén membros de Red Invest, do Club de Investidores do Clúster TIC e outros integrantes da rede promovida pola Xunta ao abeiro da Lei do Emprendemento. A Rede Galega de Business Angels segue aberta á incorporación de novos investidores co obxectivo de facilitar a confluencia e a coordinación de recursos privados a públicos para apoiar proxectos emprendedores.

O director do Instituto, Javier Aguilera, salienta nunha xornada organizada en colaboración con APD que a intelixencia empresarial permítelles ás compañías reaccionar a tempo para sacar partido de novas opcións tecnolóxicas e de negocio. Subliña a experiencia práctica que está a impulsar o Igape a través do Proxecto Alerta, que está a desenvolver tres proxectos piloto de grupos de cadeas de valor integrados por empresas e organismos dos sectores TIC, enerxía e madeira.

 O director xeral do Igape, Javier Aguilera, resalta na apertura da xornada A Coruña Exporpymes o efecto multiplicador de accións agrupadas no marco de programas como o Foexga ou as impulsadas por organizacións empresariais para facilitar as estratexias de internacionalización colectivas. En Exporpymes danse cita este ano 150 empresas galegas de sectores como alimentación ou construción, así como un cento de empresas estranxeiras coas que haberá arredor de 300 encontros de traballo.

 O director do Instituto, Javier Aguilera, visitou hoxe as instalacións desta empresa familiar no polígono de San Cibrao das Viñas, onde emprega a máis de 140 traballadores e desde onde exporta a mercados de Europa, América e África. Rodríguez López cubre máis da metade das necesidades españolas en produción de ambulancias civís e conta coa exclusiva para fabricación de ambulancias militares e outros vehículos especiais para forzas de seguridade. O 20% da facturación da empresa, que ascende a 20 millóns de euros, procede das exportacións.

O director do Igape, Javier Aguilera, participou na apertura dunha xornada técnica organizada pola Xunta e o Ministerio de Industria para asesorar sobre as diferentes fases de posta en marcha de novos negocios. Salienta que os emprendedores están chamados a ter un papel relevante no proceso de reinvención da industria galega. Os emprendedores que impulsaron Pólux Hispania, Conservas Mar de Ardora e Xaraleira compartiron as súas experiencias no encontro.