Actualidade

O director do Instituto, Javier Aguilera, destaca, durante a visita á sede da compañía, o potencial desta iniciativa para impulsar melloras nas pemes galegas. Co apoio do Goberno galego, Infonet desenvolveu plans de mellora que lle permitiron redefinir o seu negocio para abordar unha fase de relanzamento comercial. Especializada en servizos TIC, a empresa comercializa agora o produto denominado Controlbox, destinado a reforzar a seguridade informática e obter o máximo rendemento do capital humano. Aguilera salienta que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén activos programas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste para que as pequenas e medianas empresas conten cos apoios que precisen para investir e crear emprego.

Os directores do Igape e de Xesgalicia participan nun encontro informativo no Circulo de Empresarios de Galicia para expoñer o amplo abano de mecanismos activados polo Goberno galego para facilitar a actividade empresarial. Aguilera salienta que o Instituo dispón de préstamos directos ou bonificados, así como de liñas de axudas para cubrir ata o 35% de investimentos, tanto en novos equipamentos produtivos como en proxectos xeradores de emprego. Cividanes destaca que os fondos de capital risco e préstamos participativos de Xesgalicia cobren necesidades de financiamento tanto para fases de arranque como de crecemento e diversificación das empresas.

O director do Igape, Javier Aguilera, subliña, durante a súa visita á sede desta compañía de Pontedeume, a súa aposta polo programa ReAcciona para impulsar a organización loxística e avanzar na profesionalización dos procesos de produción. Especializada en carretillas elevadoras e grúas ponte, nos últimos 15 anos multiplicou por cinco o seu cadro de persoal, pasou de distribuidora a fabricante con marca propia e abriu instalacións en Lugo e Vigo. Aguilera destaca que a Consellería de Economía e Industria mantén operativos, a través do Igape, programas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste para que as pemes conten cos apoios que precisen para investir e medrar en actividade e emprego. Salienta a oferta de préstamos directos, participativos ou bonificados, así como a existencia de  subvencións para cubrir ata o 35% de investimentos, tanto en de equipamentos como en proxectos xeradores de emprego.

O director do Igape, Javier Aguilera, durante a visita á sede da compañía, destaca o compromiso desta firma coa mellora da competitividade para reforzar o seu mercado actual e explorar novas oportunidades internacionais. Seguridade A1 está especializada en sistemas integrais de seguridade para empresas, organismos públicos ou para o sector residencial. Aguilera salienta que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén activos programas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste para que as pemes conten cos apoios que precisen para investir e crear emprego. Subliña que a Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0 aposta pola reinvención do tecido industrial a través das novas tecnoloxías.

O director do Igape, Javier Aguilera, asistiu á inauguración do XXV Salón do Automóbil de Vigo, onde destacou que aposta continuada das empresas da automoción pola cooperación e a mellora da súa competitividade fixo que estean preparadas para tirar da industria galega e das súas exportacións. A Xunta impulsará, xunto con Ceaga e PSA, unha aceleradora de innovación no sector para seguir incorporando coñecemento e proxección exterior. A facturación do sector medrou máis dun 8% e sumou 8.200 millóns de euros en 2015, mentres que as exportacións alcanzan o 31% do total galego. Subliña que a Industria 4.0 será a chave para que Galicia gañe competitividade e impulse a fábrica intelixente