Actualidade

O director do Instituto, Javier Aguilera, salienta, durante a súa visita ás instalacións do grupo no polígono do Tambre, a próxima edición do programa ReAcciona, que lle permitiu a esta compañía gráfica desenvolver proxectos de mellora en ámbitos como a cooperación ou a redefinición do modelo de negocio. Subliña que a Xunta mantén activos programas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste para que as pemes conten con apoios para investir e crear emprego. Destaca que ademais de préstamos directos, participativos ou bonificados, as pemes poden contar con axudas para cubrir ata o 35% dos seus investimentos.

O Igape ten en marcha esta convocatoria, dotada con 12 millóns, co obxectivo de apoiar ás empresas na adquisición de maquinaria e bens de equipo que lles faciliten ampliar a súa capacidade produtiva ou para crear novas instalacións. Apoia iniciativas a partir de 50.000 euros con axudas que poden cubrir ata o 35% do investimento. A Consellería de Economía, Emprego e Industria conta igualmente con outros programas para colaborar co sector empresarial na súa mellora competitiva e tecnolóxica, como Galicia 1000 ou Reacciona.

O director do Igape, Javier Aguilera, visitou hoxe as instalacións desta nova empresa, que conxuga un centro de día para persoas maiores con diferentes niveis de dependencia e unha ampla proposta de ocio para nenos, mozos e familias. Recréate, que contou cun préstamo do Igape ao abeiro da liña dotada con Fondos Jeremie para apoiar os seus investimentos, dispón de 34 prazas como centro de día e ofrece, nas instalacións de ocio, actividades saudables para persoas de calquera idade. A través deste proxecto, ofértase pilates, ioga, danza e baile, entre outras actividades que buscan a integración entre diferentes xeracións. Aguilera salienta o amplo abano de instrumentos para financiar a posta en marcha de empresas ou o crecemento e consolidación de pemes xa existentes.

O director do Igape, Javier Aguilera, visita o encontro no que están presentes 44 adegas de Rías Baixas e Ribeiro xunto con representantes de todas as denominacións de orixe galegas. Ao abeiro do acordo marco asinado polo Igape cos consellos reguladores comeza a desenvolverse en Düsseldorf o plan de promoción dos viños de Galicia que busca incrementar o volume das exportacións. As adegas galegas sumaron o ano pasado unhas exportacións que superaron os 42 millóns de euros, rexistrando un incremento do 6,3% sobre o ano anterior.

O director do Igape, Javier Aguilera, reuniuse cos impulsores desta empresa que xa ten embarcado, desde a súa posta en marcha, a 15.000 pasaxeiros en cruceiros. A empresa dispón de oficinas en Galicia, Barcelona, porto que lidera o mercado europeo de cruceiros, e Francia. Miramar Cruises impulsou ademais o proxecto tecnolóxico Nudoss.com, a primeira rede social de cruceiros de Europa, seleccionado para a segunda edición do programa Galicia Open Future, impulsado conxuntamente pola Xunta e Telefónica. Aguilera salienta que a Consellería de Economía, Emprego e Industria activou este ano programas de axuda dotados con máis de 30 millóns de euros e que acaba de ampliar o presuposto para o programa de préstamos Jeremie.