O director do Instituto, Javier Aguilera, visitou as instalacións desta compañía especializada en deseño e fabricación de maquinaria de uso agrícola e forestal que rexistra incrementos de facturación anual por riba do 20%. A empresa conta cunha filial en Estados Unidos e exporta a 21 países entre os que se atopan Canadá, Rusia, Australia, Alemaña ou Inglaterra. TMC Cancela acolleuse á liña de préstamos directos Jeremie do Igape para impulsar novos investimentos.
A Consellería de Economía e Industria impulsa unha nova convocatoria do programa, con prazo de presentación de solicitudes aberto ata o próximo 11 de setembro. Entre as novidades deste ano figuran unha maior flexibilidade, cun mínimo de dúas empresas por proxecto, e o fomento de actuacións tanto en orixe como en destino, co obxectivo de promover a implantación de 60 novas pemes galegas no exterior. O director do Igape, Javier Aguilera, salienta que está actuación está encadrada na Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, que busca incrementar nun 25% as exportacións e ampliar ata o 40% o seu peso no PIB. Durante os cinco primeiros meses do ano, Galicia exportou máis de 7.500 millóns de euros, un 6,4% máis que no mesmo período de 2013.
O director do Igape, Javier Aguilera, visita as instalacións en Bergondo desta compañía que presta servizos de I+D á medida, en ámbitos como a química sintética e analítica para empresas farmacéuticas localizadas en Madrid ou Barcelona. Organistry ten na súa ubicación en Galicia unha importante vantaxe competitiva ao dispor, cunhas tarifas moi vantaxosas, de acceso ao equipamento tecnolóxico da Universidade da Coruña. O Igape dispón de instrumentos de financiamento para os novos investimentos como os préstamos Jeremie, con xuros especialmente competitivos e prazos de ata 11 anos.
O director do Instituto, Javier Aguilera, adianta, durante a apertura dun seminario do programa Primeira Exportación, a próxima convocatoria de novas liñas para facilitar a capacitación de profesionais no eido internacional. Destaca que a Estratexia de Internacionalización que está a impulsar a Xunta será fundamental para consolidar o crecemento das exportacións galegas, que medraron nun 4,2% nos primeiros cinco meses deste ano respecto ao 2014.
O director do Igape, Javier Aguilera, salienta a aposta da compañía Fontecelta, localizada en Sarria, pola constante modernización das súas instalacións. Aguilera subliña o amplo abano de instrumentos activados pola Consellería de Economía e Industria no ámbito do Programa Galicia 1000 para apoiar os investimentos e a mellora competitiva das pemes galegas.