Condicións e termos de uso da web do IGAPE

Propiedade intelectual

  • O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é titular do dominio de internet de segundo nivel igape.es
  • Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade do IGAPE.
  • Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos do IGAPE, facilitando así as súas relacións co Instituto.

Cláusula de exención de responsabilidade

  • O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o IGAPE non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletínes oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
  • O IGAPE non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.
  • O IGAPE non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
  • O IGAPE reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Reprodución

  • A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

Caixas de correo

  • A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

Servizo

  • Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Recomendacións de acceso

  • O IGAPE procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
  • Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Internet Explorer, etc.
  • En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de 1024 x 768 pixels ou superior.

Termos de uso

  • Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
  • Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
  • O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Privacidade

  • A política de privacidade do IGAPE baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.
  • O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación. O usuario ten recoñecidos pola lei os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, no seu caso, respecto dos seus datos persoais, podendo exercitar este dereito por escrito mediante carta dirixida a: IGAPE, San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela; ou mediante e-mail o seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .