O director do Igape, Javier Aguilera, destaca o compromiso da compañía localizada en Valga coa continua modernización das súas instalacións produtivas, que reforzan, ademais, a súa internacionalización. Subliñou tamén o amplo abano de instrumentos activados pola Xunta no ámbito do Programa Galicia 1000, para facilitar o financiamento dos investimentos das pemes galegas, entre os que salientou os préstamos Jeremie.
Javier Aguilera salienta na inauguración das VI xornadas sobre “O mar e as enerxías renovables” a relevancia que a Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0 concede a este sector. Destaca o papel que a industria galega está chamada a ter no desenvolvemento de tecnoloxía na eólica offshore a nivel global e das enerxías do mar.
O director do Igape, Javier Aguilera, participou na inauguración do I Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia, posto en marcha polo Consorcio Aeronáutico Gallego. Salienta que o gran interese das empresas galegas por participar na posta en marcha do polo industrial e tecnolóxico motivou a ampliación do prazo para presentar as preceptivas mostras de interese. Defende que a unidade de acción do Consorcio Aeronáutico Gallego é exemplo da hibridación entre sectores que a Xunta defende como clave para impulsar a innovación na industria galega.
A iniciativa clausurada hoxe facilitou tamén melloras nas webs e o posicionamento dixital internacional de 115 pemes, e outras 100 recibiron formación específica sobre licitacións internacionais ou programas internacionais de I+D+i. O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destaca o esforzo continuado da Xunta, ao abeiro da Estratexia de Internacionalización da empresa galega, e salienta o crecemento das exportacións galegas nun 20% en abril.
Os emprendedores, os autónomos e as pemes xa poden solicitar nas entidades financeiras o financiamento bancario en condicións vantaxosas para impulsar os seus proxectos e o seu funcionamento operativo. No ámbito da Axenda da Competitividade Galicia – Industria 4.0, este ano hai especial atención para o sector industrial, bonificándose de modo específico os préstamos e microcréditos de proxectos desenvolvidos neste ámbito. Os préstamos para circulante incrementan a súa vixencia ata os 7 anos co obxectivo de facilitar o financiamento operativo das empresas. As liñas que veñen de publicarse no DOG súmanse aos préstamos directos Jeremie que está a conceder o Igape.