Contratacións

Nas súas contratacións externas de bens e servicios, o Igape, de acordo coa súa forma xurídica de ente de dereito público, sométese á Lei de contratos das administracións públicas.

Polo tanto, exceptuando os casos permitidos pola Lei de contratos das administracións públicas, tódalas contratacións que o instituto realiza son anunciadas no Diario Oficial de Galicia e sometidas a un proceso regulamentado de presentación de ofertas e avaliación destas. Parte deste proceso constitúeo a descrición detallada das condicións técnicas e administrativas que rexerán as contratacións, nos documentos denominados pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas.

Seguindo a normativa vixente para as contratacións públicas dos organismos dependentes da Xunta de Galicia, a documentación relativa a estas pódese obter de xeito electrónico no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/, que está dispoñible máis abaixo, pero xa personalizado ás contratacións vixentes do Igape.

NOTA: Ata o 21/5/2008, a información sobre as contratacións resoltas publicábase directamente nesta web. A partir desa data, utilízase o sistema SIPLEX da Xunta de Galicia para publicar esta información. A continuación, ten acceso a ambos sistemas.

No Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Comunidade Autónoma de Galicia pódense presentar facturas en formato Facturae a calquera das entidades adheridasao mesmo e consultar o seu estado de tramitación.

https://factura.conselleriadefacenda.es/eFactura_web/