Actualidade

O director do Instituto, Javier Aguilera, visita as instalacións en Taragoña da compañía, que emprega a  70 traballadores, e salienta o incremento das exportacións do téxtil galego durante o ano pasado, en case un 10%. Confecciones Hortensia fabrica, totalmente en Galicia, prendas femininas de calidade, especialmente para tendas multimarca, e conta con clientes e puntos de venda en diferentes países de Europa e en mercados como Líbano. Aguilera destaca que o Igape vén de convocar axudas por máis de 30 millóns para facilitar os investimentos de pemes e emprendedores e impulsar a súa competitividade e a chegada a novos mercados.

O director do Igape, Javier Aguilera, salienta a aposta desta compañía pola fabricación e instalación de avanzados equipos de domótica e seguridade desenvolvidos con patentes propias. Destaca o espírito emprendedor e a sintonía cos obxectivos da Axenda de Competitividade Galicia-Industria 4.0 da firma localizada no parque empresarial de Alvedro. Domotecnología y Seguridad conta con financiamento do Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras e con axuda do programa Galicia Emprende, que segue aberto para apoiar investimentos de novos emprendedores a partir de 25.000 euros.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións en Trazo desta empresa, que atende clientes en mercados tan diversos como a Unión Europea, Nova Zelanda, Marrocos, Senegal, Colombia, Brasil ou México. Strong Bull fabrica maquinaria especializada para a elaboración de produtos de aluminio, PVC, composite ou madeira. Aguilera destaca que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar programas de axuda dotados con máis de 30 millóns para facilitar os investimentos, a mellora da competitividade ou a internacionalización das empresas galegas.

O director do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións da firma de Ordes, especializada en carpintería metálica, pezas de ascensores e mobiliario para recoñecidas tendas de moda e hostalería. A compañía contou co apoio da Xunta para optimizar a súa produción mediante a incorporación dunha moderna máquina de corte por láser que lle permite realizar traballos de maior precisión, en menos tempo e con menor consumo enerxético. Aguilera destaca que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar, a través do Igape, convocatorias de axudas dotadas con máis de 30 millóns de euros para apoiar os investimentos, a mellora da competitividade, a cooperación e a internacionalización das empresas galegas

O director do Igape, Javier Aguilera, participou hoxe na xornada sobre ‘Galician Gourmet Extravaganza’, para preparar a promoción e degustación en Bruxelas. Diante de 80 empresas, Aguilera salientou que os produtos agroalimentarios galegos posúen calidade contrastada para satisfacer aos consumidores máis esixentes nos mercados máis competitivos. Resaltou que o Igape vén de activar o programa Galicia Exporta, dotado con 8,5 millóns de euros, para apoiar ás empresas galegas que aposten por explorar durante este ano oportunidades de negocio en mercados exteriores.