O Goberno galego respalda as estratexias internacionais promovidas por organismos de sectores como a automoción, as TIC, a pedra natural ou a alimentación, chegando a 21 países no que levamos de ano. O director do Igape, Javier Aguilera, reuniuse cos representantes dos organismos intermedios para avaliar os resultados do programa. As empresas participantes traballaron en iniciativas de internacionalización para incrementar a súa presenza en mercados como Noruega, Estados Unidos, Brasil, Chile, México, China, Colombia, Uruguai ou Emiratos Árabes.
O director do Instituto, Javier Aguilera, salienta na inauguración o potencial da cooperación entre estas organizacións para reforzar a competitividade sectorial e consolidar a internacionalización das empresas galegas. Salienta o papel activo que están a ter os clústers galegos no deseño e desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0 e na Estratexia de Internacionalización que está a impulsar a Xunta. A V Conferencia Internacional ATClusters inclúe a participación de representantes de clusters de Italia, Portugal, Bélxica, Francia e Dinamarca, así como de Galicia e doutras comunidades de España.
O director do Instituto, Javier Aguilera, participou na presentación de Clusters Galicia, que agrupa aos clústers que contan con recoñecementos de excelencia na súa xestión. Salienta o seu papel activo no desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0 e da Estratexia de Internacionalización que impulsa a Xunta. Os próximos días 10 e 11 desenvólvese en Santiago a V Conferencia Internacional de Clústers, que reúne a representantes de rexións de Italia, Portugal, Bélxica, Francia ou Dinamarca para avanzar na procura de alianzas e proxectos conxuntos.
Durante unha reunión con empresas e profesionais, o conselleiro de Economía e Industria anuncia que o Goberno galego apoiará en 2016 a contratación de 60 novos xestores, priorizando aos novos titulados. Resalta que o programa da Xunta, no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, permitiu nos últimos 6 anos a contratación de especialistas que axudaron a máis de 300 empresas e clústers galegos a saír a outros mercados.
O director do Instituto, Javier Aguilera, visitou as instalacións desta compañía centrada no deseño e fabricación, con numerosas patentes propias, de utensilios relacionados co mundo do viño e o cava para marcas de prestixio. Koala Internacional Hostelería fabrica a medida para compañías como Iberia ou El Corte Inglés, e para marcas de bebidas como Freixenet, Codorniu, Torres ou Martín Códax. A empresa vende a 45 países e colaborou con outras seis compañías galegas para acceder ao mercado brasileiro ao abeiro do programa Primex.