O director do Igape, Javier Aguilera, asiste na Coruña a xornada Retos e oportunidades da empresa ante a Industria 4.0, promovida coa colaboración da Asociación para o Progreso da Dirección. Destaca os avances acadados no desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e os Plans de sistemas sectoriais desenvolvidos conxuntamente co Cluster TIC para coñecer a realidade tecnolóxica das empresas e apoialas cos seus procesos de dixitalización e conectividade. Un total de 38 empresas mobilizarán 7,5 millóns de euros en sectores como automoción, madeira, aeronáutica e agroalimentación, a través dos catro proxectos piloto que veñen de gañar o concurso de ideas cara á fábrica intelixente.
O director do Instituto, Javier Aguilera, participa nun debate sobre outros sistemas de apoio ao financiamento das empresas, no marco das xornadas técnicas organizadas pola Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas (AECA). A Xunta dispón de liñas de préstamos directos ou bonificados, así como de axudas para investimentos tanto en novos equipamentos produtivos como en proxectos centrados na creación de emprego. Destaca que os fondos de capital risco e préstamos participativos de Xesgalicia dispoñen de potencial para cubrir necesidades de financiamento tanto en fases de nacemento como de desenvolvemento das empresas.
Durante a súa intervención na clausura do Congreso de AJE Lugo, o director do Igape, Javier Aguilera, salientou que estes proxectos completan os instrumentos destinados a facilitar a creación e consolidación de empresas. Subliña que, ao abeiro da Lei do Emprendemento, e nun marco de cooperación onde as AJE son parte fundamental, as novas iniciativas empresariais dispoñen de formación, asesoramento e instrumentos de apoio adecuados ás características e fase de desenvolvemento dos seus proxectos. O congreso celebrado en Chantada incluíu un relatorio do Igape para informar polo miúdo sobre os servizos e apoios vixentes, como axudas a fondo perdido e préstamos para impulsar novos proxectos.
O director do Igape, Javier Aguilera, informou da colaboración do Goberno galego e o Ministerio de Industria para desenvolver espazos coworking en Celanova e Xinzo de Limia durante os dous próximos anos. O acordo inclúe que, a estas dúas aceleradoras, sumaranse catro máis en Cabana de Bergantiños, Monforte, Mondoñedo e Ferrol. O obxectivo da iniciativa, enmarcada dentro da Rede de Aceleradoras da Xunta, é impulsar o reequilibrio da actividade empresarial sobre o territorio e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos emprendedores
O director do Igape, Javier Aguilera, salientou no Foro do Porto Seco o espírito de cooperación entre administracións para converter este parque empresarial nunha panca para a consolidación do tecido empresarial na comarca. Informou de que o Plan de Optimización Loxística está chamado a posicionar a Galicia como porta de entrada a Europa.