O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova edición do plan autonómico, que conta cun orzamento de 2,8 millóns de euros e que apoiará ás familias no acondicionamento destes espazos, impulsando a demanda e o emprego entre as pequenas empresas e os autónomos do sector da construción. A iniciativa, programada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coa colaboración de Asemaco, xerará investimentos de 30 millóns de euros con axudas que suporán rebaixas do 40%. O custo mínimo dos produtos adquiridos ao abeiro do Reforma 16 será de 1.000 euros, e as axudas públicas poderán oscilar entre un mínimo de 200 e un máximo de 1.000 euros. O Reforma 15 permitiu executar obras de modernización en 3.000 fogares galegos coa participación de 380 establecementos de materiais de construción e mobilizando máis de 20 millóns de euros.
O director do Igape, Javier Aguilera, visitou no Porriño as instalacións da compañía especializada en fabricar máquinas pechadoras de latas de conservas, que está a apostar pola profesionalización para o relanzamento da súa actividade. Máis de 600 pemes galegas melloraron a súa competitividade grazas a máis de 1.000 proxectos implantados a través deste programa pioneiro. Salienta a confianza da empresa, que exporta o 65% da súa produción, na mellora da súa actividade coa posta en marcha dun plan estratéxico elaborado co apoio do plan ReAcciona, que o Igape activará de novo en datas próximas. Aguilera destaca que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén operativas iniciativas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste para procurar que as pemes dispoñan do financiamento que precisen para operar, investir, diversificar a súa actividade ou para acceder a mercados exteriores.
O director do Igape, Javier Aguilera destaca que os emprendedores dispoñen de servizos integrais de formación e asesoramento e de instrumentos como o Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, dotado con 5 millóns de euros. Durante a súa intervención nunha xornada sobre a promoción de empresas innovadoras e de rápido crecemento impulsada polo Comité Económico e Social Europeo, resaltou tamén a convocatoria en 2016 de apoios directos ao emprendemento dotadas con 7,5 millóns de euros. Defende seguir avanzando en aspectos como prestixiar a figura do emprendedor, especialmente entre os universitarios, e na coordinación dos recursos públicos e privados. Sinala as aceleradoras Vía Galicia, Galicia Open Future ou Business Factory Auto como exemplos a seguir para favorecer o emprendemento innovador e con alto potencial de futuro.
O director do Igape, Javier Aguilera, subliña o compromiso da compañía localizada no porto da Coruña co programa ReAcciona para desenvolver un proxecto de futuro que afiance a súa progresión e internacionalización. Destaca, durante a visita á empresa, que máis de 600 pemes galegas melloraron a súa competitividade a través de máis de 1.000 proxectos coordinados mediante a iniciativa Reacciona, que se activará de novo este ano. Aguilera salienta que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén operativos, a través do Igape, programas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste para que as pemes conten cos apoios que precisen para investir, medrar en actividade e emprego ou internacionalizarse.
As bolsas do programa ReAcciona, que publica hoxe o DOG, ofrecerán aos beneficiarios formación previa especializada antes e despois do período de prácticas, dun ano de duración. Os bolseiros colaborarán na implantación de varios proxectos de mellora, sempre baixo a coordinación do Igape, en diferentes empresas. O programa busca facilitar a inserción laboral dos novos titulados e está dirixido a universitarios galegos que obtivesen a súa titulación no período 2010-2015. O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes, e a incorporación dos seleccionados, por concorrencia competitiva, comezará despois do verán. Esta iniciativa enmárcase no programa ReAcciona da Xunta para facilitar ás pemes galegas aumentar a súa capacidade competitiva e a súa adaptación cara á Industria 4.0, tal e como se establece na Axenda da Competitividade.