O director do Igape, Javier Aguilera, participa na apertura do punto de encontro empresarial coas plataformas de rede Pexga neses mercados que se desenvolverá durante toda esta semana en diferentes cidades de Galicia. Destaca que quince empresas están a colaborar para implantarse comercialmente en Colombia ao abeiro de catro proxectos Primex apoiados polo Igape. Subliña que este ano, a través do programa Galicia Exporta, dotado con preto de 10 millóns de euros, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achega un novo impulso á internacionalización das pemes galegas. Desde 2009, as exportacións desde Galicia a Colombia e Rusia medraron nun 64% e nun 46%, respectivamente.
O director do Instituto, Javier Aguilera, salienta o compromiso da compañía localizada en Forcarei coa mellora da súa competitividade para reforzar o seu mercado en España e explorar novas oportunidades internacionais. Aguilera salienta que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén activos programas como o Galicia 1000 ou Galicia Inviste para que as pemes contén cos apoios que precisen para investir e crear emprego. Subliña que ademais, a través do programa Galicia Exporta, este ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria compromete un especial impulso á internacionalización das pequenas e medianas empresas.
O director do Igape, Javier Aguilera, participa na apertura dunha xornada organizada conxuntamente coa Asociación para o Progreso da Dirección no marco do programa Capacita. Subliña a activación de medidas tanto nos eidos da mellora tecnolóxica baseada nas TIC como nos de formación cualificada, asesoramento e financiamento para avanzar na implantación da fábrica intelixente en Galicia.
O director do Igape, Javier Aguilera, e o de Xesgalicia, Juan Cividanes, participaron hoxe nunha xornada técnica no Circulo Financeiro Atlántico para detallar as medidas activadas polo Goberno galego para facilitar a creación de emprego. Aguilera destaca que o Igape ofrece préstamos directos ou bonificados, así como liñas de axuda para cubrir ata o 35% de investimentos, tanto en novos equipamentos produtivos como en proxectos xeradores de postos de traballo. Cividanes, pola súa banda, salienta que os fondos de capital risco e préstamos participativos de Xesgalicia poden atender demandas de financiamento tanto para fases de nacemento como de desenvolvemento das empresas.
O director do Igape, Javier Aguilera, destaca a oferta de fondos de capital risco da Xunta para apoiar a creación de novas empresas, como o fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, ou para as primeiras fases de desenvolvemento de proxectos especialmente innovadores a través do Xes-Innova ou i2C. A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora na selección de proxectos presentados aos premios Argos e achega instrumentos de asesoramento e apoio aos emprendedores que os demandan.