O director do Igape, Javier Aguilera, salientou o compromiso co crecemento desta empresa que está a reforzar a súa estrutura financeira, emprega a 150 traballadores en Galicia e ten desenvolvido proxectos en países dos cinco continentes. Wind1000 Services está a desenvolver actuacións e plans de futuro destinados a incrementar a súa actividade, emprego e carteira de clientes.
O DOG informa da nova liña de préstamos da Xunta para financiar investimentos nas pemes industriais. O programa financiará proxectos a partir de 70.000 euros mediante créditos directos desde 49.000 euros. Na avaliación valorarase especialmente a viabilidade dos plans e a súa vinculación cos obxectivos da Axenda da Competitividade de Galicia-Industria 4.0 e a RIS3.
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, asinou esta mañá coa Fundación Feiras e Exposicións de Ourense un convenio de cooperación co que se busca promocionar o termalismo galego en América Latina. A mostra, que se desenvolverá en Coahuila (México) do 29 de setembro ao 1 de outubro, reunirá a arredor de 200 expositores de 25 países e consolidará Termatalia como a única feira especializada a nivel mundial que representa unha ponte termal entre Europa e América Latina. Os retos son conseguir que as exportacións latinoamericanas sigan por riba dos 1.000 millóns de euros e que continúe medrando o número de empresas que exportan a México, preto de 500 o pasado ano, un 14% máis.
O director do Igape, Javier Aguilera, visitou esta mañá as instalacións da compañía, especializada na fabricación de winches e maquinaria naval de uso en cuberta. Con máis 25 millóns de euros facturados o pasado ano, Ibercisa Deck Machinery emprega a preto de 100 traballadores e exporta o 92% da súa produción a 35 países de todo o mundo.
O director do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións da empresa especializada na prestación de servizos sociosanitarios a persoas maiores, que emprega a 150 traballadores. Salienta a confianza da compañía no programa ReAcciona e a súa aposta pola localización de aliados e redes de cooperación para medrar e optimizar os seus servizos.