Actualidade

O Diario Oficial de Galicia informa das bases que regulan esta primeira convocatoria da nova edición, cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo 16 de setembro. Esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria ten como obxectivo potenciar as competencias e habilidades do capital humano das empresas para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente

O director do Igape, Javier Aguilera, participou hoxe en Santiago nun encontro técnico sobre as bases de axudas que se activarán proximamente para formar capital humano preparado e avanzar na implantación en Galicia da fábrica conectada. Destaca que o esforzo do Goberno galego neste eido permitirá achegar formación específica sobre tecnoloxías punteiras a 4.000 traballadores durante os vindeiros meses. A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste 700.000 euros neste programa pioneiro de formación especializada que promoverán clusters e centros tecnolóxicos comprometidos coa fábrica intelixente. As novas axudas, dirixidas á empregados e mandos intermedios das pemes galegas, facilitarán a adquisición de coñecementos en ámbitos como a robótica, Big Data, ciberseguridade ou Loxística 4.0.

O director do Igape, Javier Aguilera, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron as instalacións da compañía especializada na elaboración de pratos para atender as necesidades nutricionais de colectivos diversos, desde nenos a persoas maiores ou con dietas especiais. Destaca a confianza da empresa, que serve 8.000 pratos ao día, no ReAcciona para optimizar os seus procesos e consolidar a calidade e seguridade alimentaria dos seus produtos. Máis de 600 pemes galegas melloraron a súa competitividade a través de máis de 1.000 proxectos implantados con este programa pioneiro.

O director do Igape, Javier Aguilera, participou en Santiago nunha xornada técnica sobre as posibilidades de negocio nese mercado, ao que exportaron 535 empresas en 2015. Destacou as oportunidades de negocio en ámbitos como as infraestruturas, a transformación de produtos alimentarios, a automoción, o téxtil ou as enerxías renovables. A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu este ano axudas por máis de 6 millóns de euros para apoiar a internacionalización de preto de 400 empresas galegas.

O director do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións da fábrica, que emprega a 40 traballadores e factura 15,5 millóns de euros. A compañía, que dispón dunha liña de elaboración  de produtos listos para cociñar, aspira a exportar o 30% da súa produción en cinco anos mediante o desenvolvemento dun plan de internacionalización. Destaca que, logo do récord histórico de 2015, nos catro primeiros meses do ano as vendas de Galicia ao exterior creceron nun 7,5% con respecto ao mesmo período de 2015, case 6 puntos por riba da media estatal.