Actualidade

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou no primeiro taller formativo para os 17 seleccionados, que presentaron tamén unha iniciativa para a comercialización de pataca de Bergantiños envasada ao baleiro. O programa do coworking, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, desenvólvese ao abeiro do acordo de colaboración entre a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI). O obxectivo desta iniciativa é fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos novos proxectos empresariais.

O director do Igape, Javier Aguilera, recibiu a directivos da Federación Económica de Shikoku, nun encontro no que participaron tamén directivos da CEG, o secretario xeral do Clúster de Turismo de Galicia e directivos da Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago. A Federación Económica de Shikoku Xapón representa a máis de 300 empresas e buscan ampliar relacións comerciais ou localizar novas alianzas estratéxicas con Galicia. 274 empresas galegas exportaron o ano pasado a Xapón, un 14% máis ca o ano anterior.

O director do Igape, Javier Aguilera, e o presidente da institución cameral coruñesa, Marcelo Castro-Rial, mantiveron un encontro de traballo co obxecto de avaliar as próximas convocatorias de misións empresariais amparadas polo Plan. A Cámara da Coruña lanzará de inmediato as súas convocatorias, entre as que haberá novidades centradas en mercados africanos que se suman a outros tradicionais como México, EEUU, China, Reino Unido, ou Francia.

O director do Igape, Javier Aguilera, e a directora de Amtega, Mar Pereira inauguraron a xornada técnica centrada en presentar as novidades dos programas Reacciona e Reacciona-TIC que buscan dar resposta ás demandas de mellora e profesionalización das Pemes Galegas no ámbito da industria 4.0. O encontro incluíu relatorios de experiencias prácticas e unha mesa redonda empresas que participaron en anteriores convocatorias do programa. O Reacciona ten como obxectivo prioritario o de potenciar as competencias e habilidades do capital humano das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente.

O director do Igape, Javier Aguilera, clausurou na Coruña o TAF Meeting, que reuniu a preto de 30 directivos de empresas localizadas en mercados como Noruega, Finlandia, Lituania, Austria, Suíza ou Francia, especializadas na produción de taboleiros hardboard e softboard.