Monday, 12 September 2016 13:14

A Xunta destaca a aposta de Wind1000 Services por incrementar a súa actividade, internacionalizarse e crear emprego

O director do Igape, Javier Aguilera, salientou o compromiso co crecemento desta empresa que está a reforzar a súa estrutura financeira, emprega a 150 traballadores en Galicia e ten desenvolvido proxectos en países dos cinco continentes. Wind1000 Services está a desenvolver actuacións e plans de futuro destinados a incrementar a súa actividade, emprego e carteira de clientes.

Santiago (A Coruña), 12 de setembro de 2016.- O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe a firme aposta da empresa compostelá Wind1000 Services por incrementar a súa actividade e o seu cadro de persoal, ao tempo que reforza os seus avances en mercados internacionais dos cinco continentes.

Durante a súa visita ás instalacións da compañía no polígono de Costa Vella, en Santiago, Aguilera recoñeceu os esforzos desta firma, especializada en servizos integrais en proxectos de enerxías renovables, por reforzar a súa estrutura financeira, contando coa colaboración da Xunta, para seguir medrando e xerando emprego.

Aguilera lembrou tamén que o Igape acaba de activar un novo programa, publicado o pasado venres no DOG, para apoiar o financiamento de investimentos das pemes, especialmente os de carácter industrial e os vinculados as actuacións innovadoras promovidas no marco da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3).

Con 150 traballadores en Galicia, Wind1000 Services ten desenvolvido proxectos para a industria eólica en 17 países de Europa, 10 de América, 7 de África, 6 de Asia e 1 de Oceanía. A compañía aspira a seguir medrando a creando emprego durante os próximos anos, tanto a nivel galego como no ámbito internacional.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments