Santiago, 10 de setembro de 2016.- O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria coas bases reguladoras do novo programa de préstamos directos do Igape, dotado con 12 millóns de euros e destinado a financiar investimentos de pemes, especialmente os centrados no ámbito industrial e os aliñados coas actuacións promovidas pola Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e a RIS3. O prazo para presentar solicitudes xa está aberto.
A nova liña de préstamos poderá financiar o 70% de investimentos empresariais a partir de 70.000 euros mediante a concesión de créditos desde 49.000 euros con xuros fixos e prazos de amortización de ata 11 anos, incluíndo un de carencia. Os préstamos que se concedan poderán financiar tanto a creación dun novo establecemento produtivo como os investimentos para a diversificación da produción ou cambios substanciais en procesos produtivos xa existentes.
Os tipos de xuro calcularanse en referencia ao euríbor vixente, sumando un diferencial que dependerá da contía do préstamo e das garantías achegadas. Para os tramos do préstamo garantidos mediante aval bancario ou dunha Sociedade de Garantía Recíproca (SGR), o diferencial que se sumará ao euríbor será de só un 0,10%. Este diferencial será do 0,2% nos tramos sen aval de préstamos de ata 840.000