Monday, 19 September 2016 18:26

O Igape e a Cámara da Coruña salientan a cooperación no marco do Foexga como clave para o avance das exportacións das Pemes

O director do Igape, Javier Aguilera, e o presidente da institución cameral coruñesa, Marcelo Castro-Rial, mantiveron un encontro de traballo co obxecto de avaliar as próximas convocatorias de misións empresariais amparadas polo Plan. A Cámara da Coruña lanzará de inmediato as súas convocatorias, entre as que haberá novidades centradas en mercados africanos que se suman a outros tradicionais como México, EEUU, China, Reino Unido, ou Francia.

A Coruña, 19 de setembro de 2016.-O director xeral do Igape, Javier Aguilera, e o presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Marcelo Castro-Rial, mantiveron esta tarde un encontro de traballo co obxecto de avaliar ás próximas convocatorias abertas ás Pemes para a organización de misións empresariais amparadas pola nova edición do plan Foexga, que vén de ser publicado no DOG.

O Plan Foexga ésta impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Igape coordina as actuacións que organizan as cámaras de comercio adheridas ao mesmo. Aguilera salientou a cooperación, baseada na complementariedade, entre institucións e entidades como a Cámara da Coruña, e entre grupos de empresas, como unha das claves para avanzar de forma eficiente e segura nos procesos de internacionalización.

O presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Marcelo Castro-Rial Schuler, salientou que as primeiras accións promovidas por está Cámara desenvolveranse xa o próximo mes, polo que se lanzarán as convocatorias de inmediato, e sinalou que este ano o programa contempla maiores vantaxes competitivas para as empresas con respecto a exercicios anteriores. Como novidade sobre convocatorias anteriores, engadiu que este ano se contemplan cinco mercados de África -Angola, Guinea, Etiopía, Argelia y Marruecos-, que se suman a outros tradicionais, como México, EEUU, China, Reino Unido, ou Francia, entre outros, cun total de 25 accións previstas para os próximos 12 meses.

A través das Cámaras de Comercio galegas participantes, que organizarán e convocarán no seu momento as misións internacionais, o Plan Foexga poderá facilitar a posta en marcha de de iniciativas para favorecer o crecemento das exportacións e a apertura das pequenas e medianas empresas cara a máis de medio cento de mercados exteriores. Entre os obxectivos do Plan Foexga están fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais, aumentar a base de empresas exportadoras e conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica, das exportacións.

A convocatoria do Foexga que se acaba de activar conta este ano con 57 mercados prioritarios nos que se centrarán as misións organizadas polas Cámaras galegas: Alemania, Angola, Arxelia, Arxentina, Australia, Azerbaiyán, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Canadá, Chile, China, Colombia, Congo, Corea del Sur, Costa de Marfil, Costa Rica, Cuba, El Salvador, Emiratos Árabes, Eslovaquia, Estados Unidos, Filipinas, Francia, Ghana, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Honduras, India, Italia, Irán, Kazajstán, Luxemburgo, Malasia, Marruecos, México, Nigeria, Nueva Zelanda, Países Bajos, Panamá, Paraguay, Perú, Polonia, Portugal, Puerto Rico, Qatar, Reino Unido, Rep. Checa, República Dominicana, Rumanía, Rusia, Suiza, Taiwán, Uruguai, Uzbekistán, Vietnam e Xapón.

O plan Foexga complementa o marco de servizos e axudas que a Xunta pon a disposición das empresas galegas para facilitar o incremento das exportacións galegas no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments