Mediante este instrumento, que vén de ampliar o prazo de presentación de solicitudes ata o próximo 31 de marzo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achega axudas para a adquisición de maquinarias ou equipos para ampliar, diversificar ou mellorar a produción. A iniciativa facilita os investimentos en novos establecementos e os destinados a ampliar instalacións produtivas con alto potencial de creación de postos de traballo.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitará a concesión de préstamos para o financiamento do circulante que precisan as pequenas e medianas empresas e os autónomos. Os créditos, con prazos de 7 anos, poderán oscilar entre os 3.000 e os 150.000 euros. O programa, que se activa hoxe, permanecerá aberto ata o próximo 31 de outubro. Desde a posta en marcha desta iniciativa en 2009, aprobáronse máis de 3.000 operacións para mobilizar préstamos bancarios que superaron os 104 millóns de euros.
O actual director de Xesgalicia é MBA pola Universidade de Navarra e licenciado en Ciencias Empresariais pola UNED e en Ciencias Económicas pola Universidade Internacional de Cataluña. Desde o 2011 dirixía a sociedade xestora de capital risco da administración autonómica, e conta tamén con experiencia na empresa privada. Releva a Javier Aguilera, quen deixa o cargo despois de estar ao fronte de Igape desde o ano 2011 e dirixir anteriormente Xesgalicia.
O director do Igape, Javier Aguilera, participou esta mañá en Santiago na xornada Innovar é aforrar, organizada pola APD para achegarlles ás empresas galegas as claves de financiamento e fiscalidade neste ámbito. Salienta a importancia dos servizos aos que as pemes poden acceder a través do programa Reacciona TIC para consolidar avances e melloras tanto en procesos como en produtos.
O director do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe que a intención de emprender acada o nivel máis elevado nunha década e lembra que Galicia conta con servizos e apoios á creación de novas empresas. O Informe Executivo GEM Galicia 2015, no que colaboran a USC, o Igape e AJE Galicia, avalía a evolución do emprendemento na comunidade autónoma e subliña que os emprendedores valoran apoiarse nas TIC e pensan na exportación. No marco da Lei de Emprendemento, o Goberno galego coordina un marco integral de apoios que suma asesoramento para o deseño do proxectos e axudas para a creación, a consolidación e a internacionalización das novas compañías.