O director do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións da compañía no Porriño, que está a ampliar e modernizar co apoio da Xunta. Economía e Industria está a impulsar os proxectos de expansión e innovación desta compañía implantada en Portugal, Brasil, Angola, China, India e Sudáfrica.
O director do Instituto, Javier Aguilera, visitou as instalacións da empresa especializada en conservas de algas certificadas como ecolóxicas. Mar de Ardora exporta a mercados como Inglaterra e Estonia e prevé diversificar a súa actividade a medio prazo para ofrecer tamén outros produtos naturais como os cogomelos ou plantas silvestres.
O director do Instituto, Javier Aguilera, participou hoxe na apertura do curso de formación teórica para os bolseiros seleccionados. Terán a oportunidade de especializarse participando no desenvolvemento de iniciativas de mellora en empresas, en clústers ou en proxectos emprendedores.
O director xeral do Instituto, Javier Aguilera, participou na xornada técnica de presentación en Santiago das bases reguladoras deste instrumento financeiro, agora con prazos de amortización máis amplos, ata once anos, e xuros fixos que poden quedar por baixo do euríbor + 0,4%. Con importes de ata 1,8 millóns, os préstamos Jeremie poden financiar ata o 70% dos proxectos de novo investimento, ampliación de instalacións existentes ou diversificación da produción. As melloras das bases reguladoras dos préstamos, que se poden solicitar ata o 30 de setembro, incorporan ademais como beneficiarios a autónomos, sociedades civís ou comunidades de bens.
O director do Instituto adscrito á Consellería de Economía e Industria, Javier Aguilera, visita as instalacións da empresa compostelá e salienta este caso como exemplo das oportunidades para os novos emprendedores no sector cultural. Impulsada por seis socios cooperativistas, a iniciativa está a superar as expectativas do plan de negocio e duplica as previsións na sección de cinema, prevendo superar os 25.000 espectadores por ano. Numax dispón dunha sala para exhibición cinematográfica, un laboratorio para deseñar e producir contidos gráficos audiovisuais e unha libraría de fondo e novidades.