Friday, 08 May 2015 14:15

O Igape destaca o exemplo de Numax como proxecto emprendedor, innovador e de base cooperativa

 O director do Instituto adscrito á Consellería de Economía e Industria, Javier Aguilera, visita as instalacións da empresa compostelá e salienta este caso como exemplo das oportunidades para os novos emprendedores no sector cultural. Impulsada por seis socios cooperativistas, a iniciativa está a superar as expectativas do plan de negocio e duplica as previsións na sección de cinema, prevendo superar os 25.000 espectadores por ano. Numax dispón dunha sala para exhibición cinematográfica, un laboratorio para deseñar e producir contidos gráficos audiovisuais e unha libraría de fondo e novidades.

Santiago, 8 de maio de 2015.- O director do Igape, Javier Aguilera, visitou esta mañá as instalacións da cooperativa cultural Numax, e salientou esta nova empresa como exemplo das oportunidades de negocio no eido cultural para os emprendedores con ideas innovadoras e plans de negocio avaliados técnica e financeiramente.

Aguilera celebrou a posta en marcha dunha iniciativa cultural destas características e lembrou que, a través da Lei de emprendemento e da competitividade de Galicia, se pon a disposición dos emprendedores un amplo abano de servizos e instrumentos para acompañalos desde a maduración das ideas ata facilitar a posta en marcha de novos negocios.

Numax, sociedade impulsada por seis socios cooperativistas, está a superar as expectativas do plan de negocio e duplica as previsións na sección de cinema, prevendo superar os 25.000 espectadores por ano. Naceu como un espazo que favorece o encontro e o debate mediante a prestación de servizos e produtos culturais, artísticos e educativos. No centro de Santiago, o proxecto inclúe unha sala para exhibición cinematográfica, un laboratorio para deseñar e producir contidos gráficos e audiovisuais, e unha libraría con fondo e novidades de literatura, arte e pensamento.

Ofrécense filmes en versión orixinal subtitulada, con programación diaria. Ademais, a cooperativa Numax impulsa unha sección creativa centrada na produción de contidos e na libraría, ao servizo da propia compañía pero tamén para ofrecer os servizos a clientes externos.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments