O director do Igape, Javier Aguilera, participou nun encontro de traballo onde se presentaron os servizos específicos deste programa para a elaboración de protocolos de sucesión nas compañías familiares. O Reacciona, que está aberto á presentación de novas solicitudes, ofrece ás empresas galegas diagnósticos gratuítos sobre a súa competitividade e servizos avanzados para mellorar nos diferentes ámbitos xestión.
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou que a procura de novas oportunidades de negocio impulsa a innovación no sector, que será clave para que cada vez poida ser máis competitivo a nivel global. Salienta que ao escoller Navantia para o seu proxecto de eólica mariña de Wikinger, Iberdrola recoñece a competitividade do estaleiro ferrolán a abre portas á diversificación industrial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Destaca o papel que desenvolverá CIS Galicia como ponte da innovación cara as empresas de Ferrolterra e, en concreto, cara aos estaleiros e auxiliares do naval
O director do Igape, Javier Aguilera, participou nun encontro con representantes de máis dunha ducia de empresas e asociacións interesadas en localizar contratos ou alianzas no mercado de Paraguai. O volume das exportacións galegas cara o país multiplicouse por sete desde 2009, chegando a 5,3 millóns de euros durante o pasado ano.
O director do Igape, Javier Aguilera, participou na presentación da primeira das xornadas técnicas temáticas coas que se complementan os servizos do programa Reacciona, que segue aberto á presentación de novas solicitudes. O encontro centrouse nas últimas modificacións das normativas nos eidos mercantil, laboral ou tributario.
A compañía, que fabrica sementeiros para viveiros reciclando plásticos e sen xerar residuos, vende fóra de Galicia preto do 90 por cento da súa produción. O Igape mantén aberta á presentación de solicitudes a liña de préstamos directos Jeremie para apoiar novos investimentos e favorecer a xeración de emprego.