O director do Instituto adscrito á Consellería de Economía e Industria mantén un encontro de traballo con directivos da Axencia vasca de desenvolvemento empresarial (SPRI) para avaliar posibilidades de cooperación no impulso das respectivas axendas industriais. Os clusters configúranse como parte fundamental da Axenda da Competitividade Industrial Galicia Industria 4.0, que aposta polo necesario equilibrio entre o reforzo dos sectores tradicionais e o impulso dos sectores emerxentes.
O director do Instituto, Javier Aguilera, lembra que as vendas ao exterior das empresas da comunidade alcanzaron durante os dous últimos anos as cotas históricas máis elevadas. Subliña a consolidación das exportacións aos mercados da Rede de Plataformas no Exterior e destaca a próxima activación de representacións comerciais en Perú, Dubai, Canadá e Alemaña que permitirán avanzar nestes mercados de interese.
O director do Igape, Javier Aguilera, mantivo ao longo desta semana encontros de traballo con directivos dunha trintena de grandes compañías para incorporar as súas achegas e suxestións á Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0. O documento busca sumar Galicia á revolución tecnolóxica industrial que ten no seu centro á fábrica intelixente, creando 50.000 novos empregos e incrementando o peso da industria no PIB ata o 20%. Destaca a capacidade das empresas de maior tamaño para dinamizar a actividade de milleiros de pemes, e impulsar a hibridación sectorial.
O director do Igape, Javier Aguilera, e o subdirector de Programas Estratégicos do MINETUR, Ramón Herrero, presentan as axudas para a reindustrialización de Ferrol, Eume e Ortegal. O programa Reindus mantén a dotación de 45,7 millóns para Ferrolterra de cara a apoiar tanto as novas implantacións industriais como os investimentos para ampliar a capacidade de produción de industrias existentes. Na xornada técnica tamén se presentaron as liñas de apoio da Empresa Nacional de Innovación (ENISA) para facilitar a creación, o crecemento e a consolidación das empresas.
O director do Instituto, Javier Aguilera, reuniuse cun grupo de bolseiros que veñen de completar o seu período formativo e destacou a importancia da súa colaboración nos procesos de implantación de proxectos de mellora nas pemes galegas. Lembrou que o próximo día 10 de febreiro remata o prazo de solicitudes ao abeiro da nova convocatoria para a selección dos 100 novos titulados que poderán participar na segunda edición do programa.