Wednesday, 02 September 2015 12:18

O Igape salienta a diferenciación e a calidade dos produtos de Koala como claves da súa proxección exterior

O director do Instituto, Javier Aguilera, visitou as instalacións desta compañía centrada no deseño e fabricación, con numerosas patentes propias, de utensilios relacionados co mundo do viño e o cava para marcas de prestixio. Koala Internacional Hostelería fabrica a medida para compañías como Iberia ou El Corte Inglés, e para marcas de bebidas como Freixenet, Codorniu, Torres ou Martín Códax. A empresa vende a 45 países e colaborou con outras seis compañías galegas para acceder ao mercado brasileiro ao abeiro do programa Primex.

O Porriño (Pontevedra), 28 de agosto de 2015.- O director do Igape, Javier Aguilera, salientou no Porriño, na súa visita ás instalacións de Koala Internacional Hostelería, a proxección exterior grazas á calidade e diferenciación dos produtos desta empresa que fabrica a medida utensilios e complementos funcionais e innovadores relacionados co mundo do viño e do cava.

A compañía galega, que vende actualmente a 45 países e o ano pasado conseguiu mediante as exportacións o 40% da súa facturación, colaborou con outras seis empresas para acceder ao mercado de Brasil, no marco dun proxecto apoiado polo programa Primex do Igape. Koala Internacional Hostelería fabrica a medida tanto para o mundo do fogar, para compañáis como Ibeira ou El Corte Inglés e tamén como para grandes marcas de bebidas como Freixenet, Torres, Martín Códax ou Marques de Riscal.

Durante a visita, o director do Igape lembrou o amplo abano de servizos e apoios habilitados pola Consellería de Economía e Industria para facilitar a mellora da competitividade –como o programa Reacciona– ou a internacionalización das empresas. Neste caso, referiuse á recente activación do programa Primex 2015, que se abre para apoiar tanto actuacións en orixe como en destino, para facilitar a consolidación das exportacións das empresas galegas, no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa galega 2020.

Aguilera Navarro lembrou igualmente que a Consellería de Economía e Industria vén de activar a nova edición do programa Galicia 1000, con instrumentos variados para atender as diversas necesidades de financiamento das empresas, para facilitar os novos investimentos empresariais ou para cubrir as necesidades de circulante.

Ao abeiro do programa Galicia 1000, Economía e Industria ofrece capital risco e préstamos participativos; préstamos directos Jeremie, con xuros fixos moi competitivos e prazos de ata 11 anos; microcréditos de ata 25.000 euros ou préstamos bancarios bonificados de ata 100.000 euros; ou préstamos avalados para cubrir as necesidades de financiamento operativo das compañías.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments