Friday, 22 July 2016 13:34

La Xunta resalta o compromiso de Coesco Deza para mellorar a súa competitividade en Silleda co apoio do programa Reacciona

O director do Igape, Javier Aguilera, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron as instalacións da compañía especializada na elaboración de pratos para atender as necesidades nutricionais de colectivos diversos, desde nenos a persoas maiores ou con dietas especiais. Destaca a confianza da empresa, que serve 8.000 pratos ao día, no ReAcciona para optimizar os seus procesos e consolidar a calidade e seguridade alimentaria dos seus produtos. Máis de 600 pemes galegas melloraron a súa competitividade a través de máis de 1.000 proxectos implantados con este programa pioneiro.

Silleda, 21 de xullo de 2016.- O director do Igape, Javier Aguilera, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, salientaron hoxe en Silleda o compromiso da empresa Coesco Deza para optimizar os seus procesos de produción e reforzar a súa competitividade no ámbito da alimentación saudable, contando para iso co apoio de programas como o ReAcciona.

Para reforzar a súa competitividade, optimizando os seus procesos e consolidar a calidade e seguridade alimentaria dos seus produtos, Aguilera sinalou que Coesco Deza se acolleu ao programa ReAcciona, que o Igape vai reactivar en datas próximas para apoiar melloras de xestión en novas pemes galegas. Durante a súa visita ás instalacións da empresa, tamén destacou que o ReAcciona xa fixo posible que máis de 600 pemes galegas melloraran a súa competitividade mediante a implantación de máis dun milleiro de proxectos centrados en aspectos como a optimización de procesos, a profesionalización da produción ou o relanzamento comercial.

Coesco Deza conforma a división especializada en servizos de alimentación do Grupo Sociser, con 30 anos de experiencia na prestación de servizos sociais de proximidade. Dispón en Silleda dunha planta na que se elaboran e distribúen uns 8.000 pratos ao día para atender, en toda Galicia, as necesidades nutricionais de colectivos diversos, desde nenos a persoas maiores ou con dietas especiais.

Durante a súa visita a Coesco, o director do Igape lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén activados actualmente, a través do Igape, programas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste para garantir que as pemes dispoñan de apoios á medida das súas necesidades para operar con normalidade, para investir, para incrementar a súa competitividade ou para ampliar os seus mercados. Para cubrir eses obxectivos, as empresas galegas poden acceder a fondos de capital risco, préstamos directos, préstamos participativos ou préstamos bonificados ou avalados polo Igape, así como a liñas de axuda para investir ou crear emprego.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments