Actualidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa dotada con 5 millóns de euros que impulsará a produción en Galicia de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico e equipos hospitalarios e médicos, con apoios de ata 800.000 euros. A Administración autonómica suma 7,5 millóns de euros neste ámbito, xa que este programa se engade á convocatoria aberta por 2,5M€ para impulsar a reorganización produtiva de pemes para facer fronte á emerxencia sanitaria, a través da cal xa se concederon axudas para os primeiros 14 proxectos.

Para axustarse mellor ao novo contexto económico, as compañías adscritas á iniciativa disporán ata finais de agosto para formalizar os contratos, que impulsarán a especialización e a incorporación ao mercado laboral de 139 persoas con titulación universitaria ou de técnico superior de FP. Esta liña de apoios impulsa a industria conectada e intelixente mediante o desenvolvemento de proxectos de mellora competitiva en compañías e organizacións empresariais. Tamén se prorroga o período de presentación de solicitudes do programa Maquinaria 4.0 e os proxectos Industria 4.0.

O obxectivo é facilitar a reactivación do tecido empresarial e que se poida adaptar á actual situación derivada do Covid-19. Dedícanse 6,5M€ á dixitalización das pemes, 4M€ a facilitar o teletraballo; e 3M€ ao impulso da dixitalización no rural e na economía social. Impúlsase con preto de 4 millóns de euros a modernización e a innovación no comercio de proximidade, que pode obter axudas para novas canles e fórmulas de comercialización e adaptar os seus establecementos. As pequenas e medianas empresas contarán con 6M€ para impulsar a súa internacionalización dixital.

O novo programa, con apoios de ata 800.000 euros, promoverá a produción en Galicia de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico e equipos hospitalarios e médicos. Súmase á convocatoria aberta por 2,5M€ para impulsar a reorganización produtiva de pequenas e medianas empresas para facer fronte á emerxencia sanitaria, unha liña de apoios da que xa se concederon axudas para os primeiros 14 proxectos.

O Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores avaliou o pasado luns estes proxectos aos que a Xunta achega ao redor do 70 por cento, preto de 750.000 euros. Catro destes proxectos van dirixidos á fabricación de máscaras, o que permitirá dispoñer en Galicia de 300.000 unidades diarias. Vanse fabricar, tamén, pantallas protectoras, mamparas, xeles e solucións desinfectantes, biocidas ou sistemas de control de temperatura, entre outros. Trátase das primeiras iniciativas que aprobadas a través da liña de financiamento de 2,5 millóns de euros que o Goberno galego puxo en marcha para apoiar ás empresas que queiran colaborar na fabricación deste material. Conde resalta que Galicia está demostrando que ten capacidade para aprovisionarse grazas ao saber facer da industria galega e ao compromiso de todo o tecido empresarial.