O obxectivo é dar a coñecer polo miúdo os servizos do ReAcciona, dotado este ano con 4,2 M€ e que xa apoiou na primeira convocatoria máis de 260 proxectos de mellora competitiva. Comercios, pequenas e medianas empresas poden solicitar ata final de 2020 asesoramento especializado en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. A través do Igape Responde búscase reforzar os servizos de acompañamento e soporte ao tecido empresarial no novo contexto económico.
O director do Igape, Juan Cividanes, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participaron hoxe nun encontro dixital con pemes e autónomos organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Destacaron que estes apoios ofrecen achegas de ata 3000 euros para implantar nos negocios medidas de protección fronte á covid-19, que poden ser novas ou xa realizadas desde a declaración do estado de alarma. Como publicará mañá o DOG, as axudas poderán solicitarse ata o 17 de agosto e poden destinarse á adquisición de equipos de protección, á adaptación de espazos, á realización de obras e á posta á disposición de información para os clientes.
O 70% dos créditos xa formalizados ata agora, un total de 1432, corresponden a microempresas. Os establecementos comerciais e a restauración son os sectores con maior número de operacións avaladas, seguidos polos servizos, a industria e a construción. A metade das operacións son para firmas da provincia da Coruña, seguidas de compañías de Pontevedra co 30%. Facilita avais para cada negocio de ata 200.000 euros para atender as necesidades máis inmediatas e os beneficiarios teñen ata catro anos para amortizar estes préstamos, dos que a Xunta se fai cargo da totalidade dos xuros. A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten previsto mobilizar ata 250M€ entre o tecido empresarial galego para paliar os efectos do coronavirus. Complementa á nova liña de microcréditos de entre 3000 e 20.000 euros, á que se destinan 6,1M€ para mobilizar 50M€ entre autónomos e microempresas, que terán ata cinco anos para a amortización. Dentro do Plan de reactivación económica da Administración autonómica, tamén se porán en marcha novos instrumentos financeiros dirixidos aos sectores vitivinícola, artístico e cultural e á economía social.
O director do Igape, Juan Cividanes, compartiu parte da súa xornada de traballo cun estudante lugués de Administración e Dirección de Empresas e salientou o impulso do Goberno galego á capacitación do persoal directivo das pemes. A iniciativa enmárcase na terceira edición do programa Directivos por un día, impulsado pola Asociación Española de Directivos co obxectivo de promover a empregabilidade de universitarios en período de formación.
O director do Igape, Juan Cividanes, participou nun encontro dixital coa directora xeral de Andalucía Emprende, Rosa Siles, no que informou sobre a experiencia e os resultados das tres aceleradoras sectoriais galegas. Cividanes destaca que a BFAuto, a BFFood e a BFAero xa teñen permitido a creación de 49 empresas e a xeración de 324 empregos. O Goberno galego ten en marcha a plataforma StartIN Galicia, a rede de aceleración que impulsa de xeito integral o emprendemento en todo o territorio, a través da que se apoiaron máis de 1000 proxectos nos últimos cinco anos.