A promoción dos investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego, favorecendo ao mesmo tempo o desenvolvemento equilibrado do territorio, é un dos obxectivos fundamentais do IGAPE.
O instituto promove as actividades xeradoras de emprego favorecendo a implantación de proxectos a partir de 500.000 euros (200.000 euros para proxectos a implantar en zonas de plans especiais), mediante a Base de Investimentos, que concede subvencións a fondo perdido compatibles cos apoios previstos na Lei de incentivos rexionais do Ministerio de Economía, tamén xestionados dende o IGAPE.
Prazo aberto ata a derogación expresa da axuda
Programa de fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais de investimento en Galicia, co obxectivo de corrixir os desequilibrios territoriais existentes.