Actualidade

O primeiro acto, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, tivo lugar esta mañá en Vigo. A iniciativa inclúe 14 encontros en sete localidades galegas nas que participarán empresas convocadas por asociacións, clústeres e Cámaras de Comercio. O prazo de presentación de solicitudes das axudas do Galicia Exporta Dixital finaliza o 24 de marzo, mentres que os do Galicia Exporta Empresas e a liña coordinada por organismos intermedios rematan o 30 dese mes.

Comeza a quinta convocatoria da aceleradora celanovesa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que 20 participantes desenvolverán as súas iniciativas. O novo espazo posto en marcha en Cenlle inicia tamén mañá as actividades para achegar formación e asesoramento especializados a 21 emprendedores.

Un total de 19 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas de comercialización de aceite, produción vitivinícola e servizos medioambientais para o sector alimentario. Nos próximos días tamén darán comezo as accións de formación e asesoramento no resto dos dez espazos apoiados pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).

Unha delegación de dez compañías participou na OurCrowd Global Investor Summit en Xerusalén, evento onde se dan cita investidores e startups de todo o mundo. Entre xaneiro e novembro do ano pasado, 156 empresas galegas venderon os seus produtos a Israel, superando o total do volume das exportacións os 88,5 M.

O director do Igape, Juan Cividanes, participa no acto organizado no marco do DayOne Innovation Summit, impulsado por CaixaBank e Enisa coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Anima a que Administracións e axentes socioeconómicos sigan a colaborar para fomentar a vocación empresarial e os proxectos innovadores que consolidan o tecido produtivo galego.