O Igape está decidido a apoiarse cada vez máis nas tecnoloxÃas da información e a comunicación (TIC) para prestar aos seus usuarios unha atención máis áxil e sinxela, evitando sempre os desprazamentos innecesarios.
Esta páxina contén todos os puntos de acceso relacionados coa tramitación telemática de expedientes no IGAPE.
Os servizos dispoñibles neste momento son os seguintes:
- Consulta de resolucións definitivas, propostas provisionais ou de requirimentos de emenda para os programas que prevén a súa publicación neste enderezo web.
- Comprobación de documentación expedida polo IGAPE. Se vostede ten un documento en papel, firmado por persoal do IGAPE, e cun código "IDE", pode comprobar neste apartado a validez do mesmo.
- Comprobación de cotexo dixital do IGAPE. Se vostede ten un documento en papel, que foi cotexado dixitalmente no IGAPE, e cun código "IDE", pode comprobar neste apartado a validez do mesmo.
- Cuestionarios de definición de proxecto definidos nas bases reguladoras de axudas do IGAPE (pulse no botón "Confección de solicitudes" que está ó principio da páxina). Necesita certificado electrónico só no caso de que desexe presentalo telemáticamente.
- Notificación telemática. Se vostede elixiu que as notificacións do IGAPE lle sexan entregadas por vÃa telemática, debe comprobar con frecuencia este servicio.
- Extranet de entidades colaboradoras. A través deste enlace, as entidades colaboradoras do IGAPE (por exemplo, entidades financeiras) poden xestionar os seus expedientes en trámite.
Para o acceso a determinados servizos (marcados cun candado) é necesaria a utilización dun certificado electrónico X509 v.3 expedido por entidade certificadora aceptada pola ConsellerÃa de Facenda.
Temas relacionados:
- Preguntas e respostas sobre tramitación telemática
- Certificados electrónicos
- Documentación recomendada para cumprimentar o cuestionario
- Axudas: pasos a realizar para presentar un expediente
- Entidades certificadoras admitidas
- Esquema de tramitación
- Axudas sobre a aplicación do cuestionario
- Manual Configuración equipos para Firma Electrónica IGAPE
- Soporte remoto (Windows)
- Soporte remoto (Mac)