Actualidade

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria por 7M€ dos cheques de dixitalización para facilitar o teletraballo e o desenvolvemento de iniciativas empresariais no rural e a economía social. Tamén se convocan os apoios por 3,6M€ para favorecer a internacionalización do tecido produtivo a través do comercio electrónico. Ao abeiro do Plan de reactivación económica impulsado polo Goberno galego, a próxima semana abrirase unha nova convocatoria das axudas á dixitalización das pemes dotada con 5,4M€.

A execución de ambos os dous proxectos suporá a creación de, polo menos, 350 postos de traballo directos e investimentos por valor de 60 millóns de euros. Albo construirá unha nova fábrica para a elaboración de conservas de produtos do mar e pratos preparados na Plisan, mentres que Cortizo, dedicada á produción de aluminio, creará un complexo en Padrón destinado á investigación e formación. Promóvese así a Industria 4.0, o desenvolvemento produtivo a nivel local, e a mellora da competitividade e a presenza internacional a través da innovación. Trátase das dúas primeiras iniciativas empresariais prioritarias de Galicia, unha figura contemplada na Lei de implantación empresarial para potenciar a captación de investimentos e a creación de emprego de calidade. 

Mañá terá lugar o primeiro dos webinarios que darán a coñecer polo miúdo os servizos que achega a convocatoria do ReAcciona para a mellora da competitividade. O prazo de presentación de solicitudes da primeira das convocatorias deste ano estará aberto ata o próximo 2 de xullo. A través do Igape Responde, a Administración autonómica busca reforzar e reorganizar o asesoramento sobre os apoios dirixidos ao tecido empresarial no novo contexto económico.

O próximo martes 9 celebrarase a segunda videoconferencia do ciclo que afonda tamén nas oportunidades para as exportacións galegas en China, Estados Unidos, Marrocos, Perú, Reino Unido, Israel e India. Representantes das oficinas empresariais da Administración autonómica e compañías galegas con implantación nestes oito mercados informan ás pemes participantes sobre os servizos dispoñibles e ofrecen claves para impulsar ou mellorar as vendas no exterior. Está activo tamén o programa formativo online gratuíto de apoio á internacionalización dixital dirixido a autónomos e pemes, enmarcado no Plan de dixitalización que vén de activar o Goberno galego.

O certame impulsa a realización de proxectos empresariais entre o estudantado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas. Tal e como vén de publicar o Diario Oficial de Galicia, os interesados dispoñen ata o dous de xullo para presentar as súas candidaturas.