A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, acompaña a unha delegación formada por pemes, clusters e centros tecnolóxicos. Na visita, que dá continuidade ás dúas realizadas o ano pasado, participan compañías de automoción, das TIC ou as enerxías renovables, entre outros sectores. As vendas ao exterior galegas a Israel acadaron en 2018 os 79,3 millóns de euros, e exportan ao país unha media de 120 empresas ao ano. Galicia bateu en 2018 un novo récord de exportacións, cunha suba do 5,4%, e superando por primeira vez os 22.000 millóns de euros.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, xunto coa secretaria de Estado para o Comercio, Xiana Méndez, inaugurou hoxe en Santiago a xornada ‘Galicia ante o Brexit: perspectivas, retos e oportunidades para as empresas galegas’. Sinala que a Administración autonómica vixía con cautela os posibles efectos do Brexit sobre a economía galega para previr posibles efectos co obxectivo de que a internacionalización do tecido empresarial continúe crecendo como ata o de agora. As exportacións galegas ao Reino Unido aumentaron entre xaneiro e novembro do ano pasado nun 16,1%. Outras das iniciativas da Xunta en materia de internacionalización son os programas Galicia Exporta e Foexga que este ano suporán un investimento de 11,6M€ para beneficiar a preto de 1000 empresas.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e representantes do Igape expuxeron en Santiago os novos programas de apoio ao sector de aloxamento recollidos no Plan MAT de mellora dos establecementos de cara ao Ano Santo. Durante a xornada, os profesionais coñeceron as dúas primeiras liñas de axuda desta iniciativa na que participan cinco departamentos do Goberno autonómico. A Consellería de Economía, Emprego e Industria activa o Reforma TUR 2019, que contará cun investimento de 3 millóns de euros e unha mobilización estimada de máis de 24 para axudar á reforma das instalacións turísticas da Comunidade. Pola súa banda, o departamento de Cultura e Turismo subvenciona actuacións de accesibilidade, modernización, incremento da categoría, mellora de servizos ou aforro enerxético, entre outros, cun investimento de 1 millón de euros.
O director do Igape, Juan Cividanes, analizou hoxe a evolución das exportacións galegas de xaneiro a novembro, que xa superan os 21.300 millóns de euros. Subliña que as vendas ao exterior galegas duplican o incremento da media estatal nos primeiros once meses do ano, aumentando un 7,2%. Destaca o forte ascenso das exportacións de maquinaria, cementos e produtos minerais, ademais de sectores estratéxicos como o téxtil, a automoción ou o agroalimentario. A falta dos datos de decembro, en 2018 preto de 6.900 empresas galegas venderon os seus produtos no exterior, o que supón un aumento do 8,3% con respecto ao mesmo período de 2017. Economía, Emprego e Industria reforza o seu apoio á consolidación das vendas galegas en mercados emerxentes como o Magreb, Israel, Colombia, Chile, Emiratos Árabes, China ou India nas novas convocatorias de programas como o Foexga, en colaboración coas Cámaras. A última edición desta liña de axudas, activada o pasado mes de decembro, impulsará con 3,6 millóns de euros as exportacións de arredor de 600 pemes e autónomos durante 2019 e 2020.
A aceleradora con sede en Vilanova de Arousa aposta pola promoción de iniciativas innovadoras no ámbito do turismo e a agroalimentación. Poden participar novos empresarios que impulsen ata 22 proxectos, preferentemente nestes sectores pero sen excluír outras actividades empresariais. Durante as últimas dúas edicións realizadas foron apoiadas máis de 40 novas empresas.