Actualidade

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede apoios por 2,8 millóns de euros para para a posta en marcha de iniciativas que buscan mellorar a competitividade empresarial. Para seguir avanzando neste eido, ata o vindeiro 15 de marzo permanecen abertas as primeiras convocatorias de 2019 dos programas para o desenvolvemento dixital. Con estas medidas o Goberno galego favorece o desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, co obxectivo de acadar un novo modelo industrial vinculado á innovación e o emprego de tecnoloxías de última xeración.

Representantes do Igape destacaron os programas de desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, que teñen como obxectivo activar a modernización do tecido empresarial galego. Participaron en Santiago na xornada Financia Industria, na que, en coordinación co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, presentaron os plans de impulso das políticas industriais e os apoios ás empresas na súa transformación dixital. A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de abrir as primeiras convocatorias de 2019 dos programas de formación e axudas á dixitalización, dotadas con 5 millóns de euros, así como a nova edición do ReAcciona TIC.

A dotación da convocatoria é de 9 millóns de euros e prevé mobilizar preto de 40 millóns. Feijóo destaca que nesta edición poderán beneficiarse proxectos de carácter innovador, acreditados pola Gain, de calquera sector, excepto os excluídos pola regulamentación comunitaria. 

As pemes que queiran optimizar a súa modernización e innovación tecnolóxica poderán acollerse á nova convocatoria, que se acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia. Ata o 14 de febreiro está aberto o primeiro prazo para as compañías interesadas. A Xunta, mediante os programas ReAcciona e ReAcciona TIC, concedeu durante o o ano pasado axudas por 1,9 millóns de euros para impulsar máis de 500 plans de mellora en empresas galegas.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, reforza, a través do Igape, as novas convocatorias para ofrecer apoio directo ao tecido empresarial galego para a súa expansión internacional. Os apoios dos dous programas, Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios, increméntanse un 23%, en 1,5 millóns de euros, para crecer en mercados xa consolidados, como Latinoamérica e Europa, e para impulsar as vendas galegas en Asia. As iniciativas desenvolven proxectos individuais e colectivos que reafirman a presenza e favorecen a introdución das pemes nos mercados exteriores. En 2017, as exportacións galegas marcaron un novo récord histórico ao superar por primeira vez os 21.000 millóns de euros e, nos primeiros dez meses do ano pasado, creceron un 8,6% con respecto ao mesmo período do exercicio anterior.