O director do Igape, Juan Cividanes, inaugurou hoxe en Santiago de Compostela as xornadas técnicas con empresas tecnolóxicas latinoamericanas e europeas promovidas polo Clúster TIC. Sinala a boa marcha das vendas ao exterior das empresas do sector. O pasado ano 1679 empresas galegas exportaron aos seis países participantes na misión comercial -Eslovenia, México, Colombia, Chile, Honduras e Nicaragua-, cun valor total de 568 millóns de euros.
Cun orzamento de 1.125.000 euros, a Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitará a concesión de préstamos ás pequenas e medianas empresas. A nova liña de axudas duplica o límite das operacións financeiras, pasando de 0,5 a 1M€, e amplía as finalidades ás que se pode destinar o apoio achegado, que cobre circulante, investimentos e avais técnicos. Enmárcase no Plan de financiamento que o Goberno galego vén de aprobar para apoiar este ano 800 proxectos de emprendedores e compañías en Galicia.
As iniciativas céntranse na transformación do sistema loxístico, a promoción dos sistemas produtivos 4.0 e o fortalecemento da transferencia tecnolóxica entre Galicia e o país luso. Cun orzamento de máis de 4,5 millóns de euros, os tres plans de colaboración están cofinanciados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, entre outras entidades.
O director do Igape, Juan Cividanes, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron a compañía Industrial Recense onde destacaron que os investimentos 4.0 reforzan o tecido empresarial galego. Cividanes resaltou o compromiso da empresa da construción na dixitalización dos procesos produtivos. Argerey incidiu na aposta pola capacidade innovadora e os investimentos en I+D+i da compañía.
O director do Igape, Juan Cividanes, visitou hoxe en Santiago as instalacións do grupo Itelsis, onde salientou que as exportacións galegas medraron un 2,8% en febreiro respecto ao mesmo mes de 2018. Sinala a boa marcha das vendas ao exterior das empresas no sector TIC, que ascenderon un 79%.