Actualidade

O director do Igape, Juan Cividanes, está a acompañar a Business Factory Auto (BFA) no encontro internacional Consumer Technology Association (CES) que se celebra ata o vindeiro venres, 11 de xaneiro, nas Vegas. É o evento anual no que se presentan as innovacións tecnolóxicas de próxima xeración e Galicia está presente con seis startups que forman parte da aceleradora. A feira é punto de encontro para máis de 4400 empresas da industria electrónica e 180.000 profesionais de ao redor de 155 países do mundo. A BFA, que celebra xa a súa terceira edición, acadou nas dúas convocatorias anteriores a creación de 22 novas empresas que levan xerado 150 postos de traballo e que facturan máis de 10 millóns de euros.

A principios de xaneiro publicarase a convocatoria da nova edición do Galicia Rural Emprende, coa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pretende apoiar 70 iniciativas que facilitarán a creación de 200 empregos e unha mobilización de 8 millóns de euros. Este programa complementa o Galicia Emprende que, desde o ano 2010, facilitou a aprobación de 432 proxectos emprendedores. 

O director do Igape, Juan Cividanes, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, presentaron hoxe en Santiago os resultados das exportacións galegas de xaneiro a outubro en todos os sectores de actividade, que medraron máis do dobre que a nivel estatal e xa superan os 19.300M€. Lema resaltou o bo ritmo das vendas ao exterior no sector forestal e da madeira, que se incrementaron nun 12,5% no mes de outubro. A industria forestal acadou nos dez primeiros meses de 2018 un volume de vendas de 771,7M€, que a falta de coñecer os datos dos dous últimos meses do ano é un valor moi próximo aos 800M€ que exportou en todo o 2017. Desde xaneiro ata outubro de 2018, un total de 6.482 compañías galegas venderon os seus produtos no exterior, o que supón un incremento do 8% con respecto ao mesmo período de 2017. Cividanes subliñou o compromiso da Xunta con programas como o Galicia Exporta e o Foexga que impulsarán con 11,6 millóns de euros a internacionalización das empresas galegas nos próximos dous anos.

O director do Igape, Juan Cividanes, sinalou hoxe na segunda edición do Galicia Global que o tecido empresarial galego debe afrontar o novo escenario como unha oportunidade. Subliña que a alta calidade dos servizos e produtos galegos é clave para manter o bo ritmo exportador con Reino Unido. A Administración autonómica destina 11,6 millóns de euros a través dos programas Galicia Exporta e Foexga para avanzar na proxección internacional do tecido empresarial galego.

A iniciativa, desenvolvida en colaboración coas Cámaras de comercio galegas, apoiará misións comercias directas así como a participación en feiras internacionais e en eventos promocionais. Poden beneficiarse destas axudas as pemes galegas e os autónomos que buscan comezar ou reforzar a súa internacionalización. Durante 2019 e 2020 as empresas beneficiarias poderán acollerse a unhas 160 accións en máis de 50 países. Este plan complementa os servizos de apoio que se achegan a través do Igape, como o programa Galicia Exporta, e que forman parte das accións impulsadas no marco da Estratexia de internacionalización da empresa galega.