A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, firma un acordo de colaboración coas dúas Sociedades de Garantía Recíproca galegas e sete entidades bancarias para favorecer o apoio financeiro ao tecido produtivo galego. O director do Igape, Juan Cividanes, destacou que permitirá operacións comprendidas entre 3000 euros e un millón para mellorar a situación financeira do tecido empresarial. Enmárcase no Plan de financiamento empresarial, mediante o que o Goberno galego apoiará este ano 800 proxectos de emprendedores e empresas galegas.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, acompaña a unha delegación formada por 43 empresas, 2 clusters e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Na viaxe participarán na Feira Nor-Shipping, evento internacional para a industria marítima que se celebra do 4 ao 7 de xuño en Oslo. As vendas ao exterior galegas a Noruega acadaron en 2018 os 111 millóns de euros e no pasado ano exportaron ao país nórdico 274 empresas . Mediante os programas Foexga e Galicia Exporta, o Goberno galego inviste 11,6 millóns de euros durante 2019 e 2020 para apoiar a preto de 1.000 empresas.
O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Vigo na presentación do encontro 'Industria 4.0: a cooperación entre persoas e máquinas'. A xornada, organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo Financeiro de Galicia, forma parte do programa Capacita Directivos, que desde 2015 ten realizado 43 accións ás que asistiron 7600 persoas.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das accións do programa ReAcciona vinculadas ao sector TIC, apoia a transformación dixital de 40 pemes coa implantación de 42 servizos 4.0 a través das dúas primeiras convocatorias deste ano. As catro edicións previstas para 2019 achegarán axudas por valor de 725.000 euros para optimizar a modernización e innovación tecnolóxica das pequenas e medianas empresas. As empresas interesadas nesta liña de apoios do Igape poden solicitar ata o próximo 20 de xuño as axudas da cuarta e última edición.
O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación do encontro empresarial ‘Impulsando a innovación en Galicia’. Subliña o compromiso que existe na Comunidade coa transformación dixital e tecnolóxica das pequeñas e medianas empresas. Na xornada, organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e F. Iniciativas, representantes da Axencia Galega de Innovación (Gain) tamén informaron das súas liñas de axudas.