Actualidade

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das accións do programa ReAcciona TIC, apoia a dixitalización de 48 pemes coa implantación de 51 servizos 4.0 a través das tres primeiras convocatorias do 2019. Mediante esa iniciativa que achegou máis de 230.000 euros durante este ano, búscase optimizar a modernización e innovación tecnolóxica do tecido empresarial. O Goberno galego, mediante os programas ReAcciona e ReAcciona TIC, concedeu durante o ano pasado axudas por 1,9 millóns de euros para impulsar máis de 500 servizos de mellora en empresas galegas.

O director do Igape, Juan Cividanes, inaugurou en Oleiros as novas instalacións da Escola de Finanzas Business School que conta cun amplo abano de programas de formación directiva. Resalta o compromiso do centro para adaptar os perfís profesionais ás novas demandas do tecido empresarial galego. Subliña que a Consellería de Economía, Emprego e Industria traballa pola adaptación das competencias dos titulados con programas como o Capacita Directivos, que desde 2015 ten realizado 43 accións ás que asistiron 7600 persoas. O Goberno galego tamén facilita a especialización en comercio exterior a través de iniciativas como os bolseiros de internacionalización que leva formado a máis de 300 novos titulados.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria é galardoada polo seu programa de axudas á dixitalización desenvolvido a través do Igape. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) distingue con estes recoñecementos as iniciativas ou persoas relacionadas co desenvolvemento en Galicia no ámbito das TIC. O Goberno galego prevé coa presente convocatoria chegar a 500 empresas e mobilizar máis de 13 millóns de euros. Con estas medidas a Xunta favorece o desenvolvemento da Axenda 4.0, co obxectivo de acadar un novo modelo industrial máis competitivo e cunha maior proxección exterior.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acompaña a unha delegación formada por catorce empresas agroalimentarias, nove doutros ámbitos produtivos e á Cámara de Comercio da Coruña. Participarán na Feira Summer Fancy Food, cita internacional da alimentación delicatesen, que se celebra do 23 ao 25 de xuño en Nova York. O Goberno galego destina 11,6 millóns de euros aos programas Foexga e Galicia Exporta para apoiar a preto de 1000 empresas durante 2019 e 2020. As vendas ao exterior galegas aos Estados Unidos acadaron no primeiro trimestre de 2019 os 153,2 millóns de euros, un 56,4% máis que no mesmo período do ano anterior.

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou hoxe en Negreira as instalacións da empresa GV Soluciones, onde salientou a boa marcha das exportacións galegas. Subliña o traballo da Xunta para apoiar ás empresas cara á diversificación e á apertura a novos mercados, destacando os incrementos das vendas galegas ao exterior a países como China, cunha suba do 30%, ou de EEUU, cun aumento do 56%. No marco da Estratexia de internacionalización da empresa galega, a Xunta destina 11,6 millóns de euros aos programas Galicia Exporta e Foexga para chegar a preto de 1000 empresas.