Actualidade

O municipio ourensán de Celanova acolleu a presentación das iniciativas desenvoltas na aceleradora, na que colaboran a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial. Os participantes contaron con asesoramento especializado e titoría personalizada, sumándose así ás 44 iniciativas que se desenvolveron ao abeiro das dúas edicións anteriores. Os novos empresarios poden dispor dos servizos e liñas de axuda que a Xunta ten activados para apoiar o emprendemento.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a nova convocatoria do programa Galicia Inviste,co que o Goberno galego prevé impulsar 120 proxectos de pemes . A Consellería de Economía, Emprego e Industria pode cubrir con estas axudas ata o 30% do investimento, o que contribúe tanto á creación como ao mantemento de postos de traballo nas pequenas e medianas empresas. A contía máxima dos plans empresariais financiados amplíase dos 900.000 euros da anterior convocatoria aos 2M€ da edición actual. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 28 de decembro.

A Cidade da Cultura acolle a presentación das iniciativas desenvoltas na aceleradora, na que colaboran o Igape e a Escola de Organización Industrial. Entre as actividades escollidas para os 17 proxectos desta terceira edición resaltan as enfocadas a servizos tecnolóxicos ou formativos apoiados nas TIC, de desenvolvemento persoal ou do sector da moda. Os participantes contaron con asesoramento especializado e titoría personalizada no espazo habilitado no Gaiás, onde se aceleraron máis de corenta novos proxectos ao abeiro das dúas edicións anteriores. Os novos empresarios poden dispor dos servizos e liñas de axuda que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activados a través do Igape para apoiar o emprendemento.

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou hoxe as instalacións da empresa Galician Brew, onde subliñou a aposta pola calidade dos produtos e a innovación dos procesos de elaboración desta compañía que conta co apoio da aceleradora VíaGalicia e do programa Galicia Emprende. Ata o 25 de outubro permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas deste programa, que nesta segunda edición axudará a mobilizar 11M entre 80 iniciativas de emprendemento. A través do Galicia Emprende e do Galicia Rural Emprende, 162 proxectos empresariais recibiron o pasado ano axudas por importe 6,8M, que mobilizan investimentos que superan os 18M.

O programa facilita a xeración de proxectos que aportan solucións tecnolóxicas e formas de colaboración para a implementación de ferramentas dixitais. Ás dúas convocatorias desta iniciativa, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, financia no 100%, súmanse as axudas a investimentos no eido dixital, nas que teñen prioridade os proxectos colectivos. Con estas medidas, ás que se destinan 5M, favorécense os investimentos en ámbitos como a intelixencia artificial, big data ou a interconexión entre empresa.