O director do Igape, Juan Cividanes, visitou a empresa pontevedresa, que ofrece servizos dixitais para o tempo de lecer e resaltou o compromiso da compañía coa creación de emprego mediante a posta en marcha dun proxecto que conecta as ofertas dos sectores público e privado coas demandas de actividades de ocio dos usuarios. A empresa conta co apoio do programa Galicia Rural Emprende, unha iniciativa de apoio ao ao emprendemento coa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria promove a creación de novas empresas no medio rural que non se circunscriben a actividades agrícolas. A través das edicións dos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende do pasado ano, a Xunta concedeu axudas que mobilizaron máis de 18 millóns de euros.
O director do Igape, Juan Cividanes, visitou o serradoiro da empresa, onde salientou que os investimentos nas tecnoloxías 4.0 fortalecen o tecido empresarial galego. Destacou a aposta pola innovación continuada de Seistag, que actualmente exporta o 70% da súa produción e emprega a 25 traballadores, e que dedicará máis de 1M€ durante os próximos dous anos á posta en marcha dun terceiro proceso de mecanización nas instalacións da localidade pontevedresa. A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver as axudas da primeira convocatoria de 2018 do Programa de dixitalización 4.0, que achegarán case 1M€ a 55 proxectos individuais e colectivos que investirán 2,3M€ en innovacións tecnolóxicas. O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria vixente permanecerá aberto ata o 21 de setembro.
Responsables do Igape participaron hoxe en Santiago na presentación da aceleradora vasca Bind 4.0 ao tecido empresarial. Os emprendedores e as empresas galegas teñen a oportunidade de participar na terceira edición do programa de aceleración que brinda a oportunidade singular de traballar, mesmo desde Galicia, cun gran cliente industrial.
O prazo de presentación de solicitudes da seguinte convocatoria abrirase o próximo 30 de xullo e permanecerá aberto ata o 25 de outubro. Mediante esta iniciativa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria mobilizará 11 millóns de euros para favorecer a xeración de emprego de calidade. A través dos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende, o pasado ano mobilizáronse máis de 18 millóns de euros en investimentos a través de 162 proxectos emprendedores.
O director do Igape, Juan Cividanes, destaca a aposta da empresa compostelá Papelera de Brandia por mellorar a súa eficiencia cun investimento que rolda os 800.000 euros.A compañía, que exporta a países como Marrocos, Exipto ou México, prevé incrementar a súa produción ata superar as 35.000 toneladas ao ano.Cividanes salienta que o programa de IFIs facilita préstamos sen custos financeiros para proxectos de nova industria, emprendemento e innovación.