O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliña que o reforzo deste sector, clave para a Industria 4.0, pasa por conxugar a conectividade terrestre e a dixitalización. A loxística, que representa un 3,9% do PIB da comunidade, é tamén fundamental para que continúen avanzando as exportacións galegas, que de xaneiro a abril medraron un 9%
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, reforza a visita organizada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) ao abeiro do programa Galicia Exporta. A misión dá continuidade á realizada o pasado mes de febreiro por unha delegación encabezada polo presidente da Xunta para identificar novas oportunidades de negocio para as empresas galegas.
O ecosistema de emprendemento que se prevé reactivar na sede do CIS Madeira aposta pola promoción de novos proxectos empresariais innovadores neste sector. Poderán participar emprendedores que impulsen ata 22 novos proxectos, preferentemente nos ámbitos do sector forestal e da madeira. No pasado mes de abril rematou a primeira edición deste coworking impulsado conxuntamente polo Igape, e a EOI, que serviu para apoiar 18 proxectos empresariais.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre mañá o prazo para a presentación de solicitudes deste programa, que inclúe dúas convocatorias sucesivas, co obxectivo de favorecer a xeración de emprego de calidade mediante a creación e consolidación de empresas novas por parte de autónomos e emprendedores. A través dos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende, o pasado ano a Xunta concedeu axudas a 162 proxectos emprendedores que mobilizaron máis de 18 millóns de euros en investimentos.
O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Vilagarcía de Arousa no II Premio Ría de Arousa, organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Pon en valor a convocatoria desta iniciativa coa que se recoñece o labor dos novos emprendedores e a experiencia de empresas con tradición. Destaca que un dos retos da Xunta é que ningunha iniciativa empresarial diferente, novidosa e viable se quede nun proxecto lembrando algunhas das ferramentas de apoio coas que conta a Administración como son as aceleradoras.