O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou en Xixón no Northwest Investor’s Day, unha iniciativa que reúne a 75 empresas das tres comunidades con posibles investidores, un terzo delas galegas. Apunta que o capital risco, tanto no ámbito público como no ámbito privado, pode permitir que a capacidade de crecemento e de consolidación das empresas sexa cada vez maior. Para facilitar o acceso ao crédito, a Xunta conta con apoios que inclúen tamén avais, garantías ou préstamos, no marco do Galicia 1000.
O Goberno galego destina este ano 5 millóns en novos apoios para xerar e desenvolver proxectos individuais ou colectivos que permitan investir na dixitalización do tecido empresarial. As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 5 de setembro.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu axudas por 4,4 millóns de euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento. Os proxectos aprobados contemplan a creación e sostemento de 264 empregos e abranguen actividades do sector industrial como a fabricación de compoñentes electrónicos ou a elaboración de produtos alimentarios ou bebidas, e de servizos, tanto comerciais, como sociais ou sanitarios.
O director do Igape, Juan Cividanes, salientou na clausura do foro GaliciaTIC o labor fundamental que debe desempeñar o sector como facilitador da dixitalización das pemes no seu avance cara a Industria 4.0. Lembrou que o próximo mes de xuño se activará a nova convocatoria das axudas á dixitalización, ás que se presentaron máis dun cento de proxectos na primeira convocatoria.
O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta mañá nun encontro de traballo co dobre obxectivo de coñecer os avances nos proxectos aprobados e facilitar o asesoramento necesario para a súa correcta execución, e no que salientou que o sector está a liderar, co apoio da Xunta, os investimentos no eido da Industria 4.0, con máis de 5 millóns de euros ao abeiro das dúas primeiras convocatorias para proxectos piloto. Xa se celebrou outro encontro de seguimento con empresas dos sectores do metal e aeronáutico que están investindo neste ámbito.