Actualidade

Entre as novas liñas convocadas destaca a destinada a facilitar a renovación de equipos produtivos polas Pemes, coa que se mobilizarán ata 10 millóns. Tamén se pon en marcha unha novidosa convocatoria para fomentar a formación especializada mediante a cooperación empresarial. Arredor dun cento de empresas galegas poderán incorporar outros tantos expertos en internacionalización, e 100 novos titulados terán a oportunidade de participar en proxectos de mellora competitiva do ReAcciona.

 O director do Igape, Javier Aguilera, visita as instalacións da empresa de Castro de Rei, que está a manter un crecemento continuado anual do 30%, debido ao seu compromiso co investimento e coa innovación permanente. A empresa, que se acolleu aos programas e servizos da Xunta para mellorar a súa competitividade e acceder a novos mercados, comercializa na actualidade 30 produtos coa marca Quescrem e está presente en 30 países dos cinco continentes. Aguilera destaca a nova convocatoria do programa Reacciona, ao que se ten acollido Innolact, co obxectivo de mellorar a competitividade de máis de 300 novas empresas en 2015.

O director do Igape, Javier Aguilera, salienta que a Xunta mantén un compromiso decidido a prol da profesionalización das compañías que, segundo dixo, deben ser organismos vivos que integren a mellora continua como norma básica de funcionamento. Durante a súa intervención na xornada técnica “O mundo que vén”, organizada polo Igape e APD, resalta a Axenda de Competitividade Industrial Galega de cara á consecución dunha industria moderna e máis competitiva. O Igape achega ás pemes galegas capacitación profesional tanto no eido do emprendemento como no da mellora da competitividade e no da internacionalización.

O director do Instituto, Javier Aguilera, participa na xornada de presentación do informe GEM Galicia 2013, que resalta o incremento dun 19% na consolidación de iniciativas con menos de 42 meses de actividade. Salienta que a Xunta está a reforzar as vías de financiamento emprendedor co Fondo Galicia Emprende, que contará con 5 millóns, e coa próxima posta en marcha da Rede galega de investidores. Apunta a empresas como Torus, que vén de obter o premio nacional Emprendedor XXI, ou os dez proxectos que participaron no Foro de Investimento Galicia Emprende, como exemplos de emprendemento dinámico e con futuro.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, reuniuse en Rabat con directivos de Invest in Morocco, e mantivo en Casablanca encontros con responsables da Confederación Xeral de Empresarios do país africano, da Asociación Marroquí de Industrias Téxtiles, e da Axencia Nacional de Portos. Os contactos buscan impulsar as exportacións a Marrocos, que hoxe ocupa o sétimo lugar entre os mellores clientes das empresas galegas. O número de compañía galegas que exportan a ese mercado acadou as 540 en 2013, un 6,5% máis que no ano anterior.