Tuesday, 24 February 2015 14:29

O Igape salienta o incremento de preto dun 30% das exportacións galegas nos últimos cinco anos

 O director do Instituto, Javier Aguilera, lembra que as vendas ao exterior das empresas da comunidade alcanzaron durante os dous últimos anos as cotas históricas máis elevadas. Subliña a consolidación das exportacións aos mercados da Rede de Plataformas no Exterior e destaca a próxima activación de representacións comerciais en Perú, Dubai, Canadá e Alemaña que permitirán avanzar nestes mercados de interese.

Santiago, 24 de febreiro de 2014.- O director xeral do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo director da área de Internacionalización, Abel Veiga, o incremento en preto dun 30% tanto das exportacións galegas como do número de empresas da comunidade que exportan durante os últimos cinco anos.

O director do Igape destacou o esforzo do tecido empresarial para lograr estes resultados, contando co decidido apoio do Goberno galego, que se está a intensificar coa posta en marcha da Estratexia de Internacionalización que ten como obxectivo incrementar as exportacións nun 25% ata 2020 e á que se destinan 50 millóns de euros para os anos 2015 e 2016.

Javier Aguilera subliñou a positiva evolución das exportacións aos mercados onde hai oficinas da Rede de plataformas de Galicia no exterior e sinalou que para a consolidación das vendas ao exterior nos próximos anos terá un papel importante a próxima activación de novas representacións comerciais en Perú, Dubai, Canadá e Alemaña, e o desenvolvemento dos proxectos de cooperación amparados polo programa Primex, especialmente en América.

Tal e como lembrou Aguilera, durante os dous últimos anos as exportacións galegas acadaron as cotas históricas máis elevadas, sumando así un saldo comercial de 3.300 millóns de euros en 2014, cunha taxa de cobertura do 123%. A Comunidade pechou o ano 2014 con 17.825 millóns de euros exportados, só por detrás do pico histórico acadado en 2013. Galicia mantense en niveis de record, salientou Aguilera, cunha balanza que en 2014 foi positiva en 3.330 millóns, o que a sitúa como a cuarta comunidade autónoma con mellor saldo comercial. Do mesmo xeito, a taxa de cobertura chegou ata o 123% fronte ao 90% da media nacional.

Os datos que veñen de coñecerse sinalan como eixos para o avance exportador galego en 2014 as manufacturas de consumo e os bens de equipo, que rexistraron un incremento interanual do 4,7% e do 3,6% respectivamente. Entre os sectores que crecen tamén destacan o da lousa, que exportou un 7% máis, e o téxtil, con incrementos importantes tantos en confección masculina, cun incremento interanual do 10,6%, como a confección feminina, cun crecemento do 2,7%.

No marco da nova Estratexia de Internacionalización, lembrou o director do Igape, a Xunta intensificará o traballo cos principais sectores produtivos para desenvolver doce plans operativos de internacionalización e seguir incrementando así a presenza das pemes galegas nos mercados internacionais. Os plans operativos estarán centrados nas áreas estratéxicas da economía galega: agro-industria, mar-industria, naval, automoción, pedra natural, enerxías, TIC biotecnoloxía, enxeñaría, madeira, audiovisual e loxística integrada.

Empresas exportadoras

Aguilera Navarro salientou que o número de empresas exportadoras tamén acadou, durante o ano pasado, a segunda mellor cifra histórica, 6.235 empresas, segundo os datos provisionais coñecidos ata agora. Nesta ámbito cómpre destacar o sensible incremento de empresas que exportan a novos mercados como Estados Unidos, Alxeria, Emiratos Ärabes, Polonia ou Xapón.

Neste contexto, a Estratexia de Internacionalización que acaba de aprobar a Xunta de Galicia aspira a manter o crecemento sostido das exportacións galegas ata acadar o 40% do PIB no ano 2020. Entre as novas medidas a impulsar, o director do Igape destacou a formación en idiomas de negocios, un programa de tutelaxe de empresas implantadas no exterior con empresas que se inician, a procura do peche de ciclos produtivos en Galicia mediante a atracción de investimentos estranxeiros e a apertura de catro antenas comerciais en mercados de especial interese.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments