O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na apertura do X Foro Empresarial España-Estados Unidos, organizado pola Cámara de Comercio España-EEUU en Nova York en colaboración coa Cámara da Coruña. Subliña que as pemes deben apostar polas novas canles de comercialización para incrementar a súa presenza exterior no novo contexto socioeconómico. A Administración autonómica demostra o seu compromiso coa internacionalización do tecido empresarial co reforzo e a redefinición dos programas Galicia Exporta e Foexga, especialmente no eido dixital.
O director do Igape, Fernando Guldrís, asistiu hoxe á presentación en liña do programa Ecosistema 4.0, promovido en colaboración coa Confederación de Empresarios desas comarcas. A iniciativa inclúe servizos de formación, diagnósticos individualizados e recomendacións de mellora co obxectivo de potenciar a implantación da nova industria e a dixitalización.
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na xornada de avaliación dos 13 proxectos que optan a ser impulsados pola High Tech Auto. As iniciativas presentadas abarcan o deseño de produtos, o desenvolvemento de solucións específicas para vehículos conectados e novas formas de comercialización, entre outras propostas. A incubadora está promovida polo Goberno galego e Zona Franca de Vigo para favorecer a transferencia de tecnoloxía entre os ámbitos académico e tecnolóxico e o tecido industrial e impulsar programas innovadores vinculados á Industria 4.0. Complementa a Business Factory Auto, que vén de pechar a convocatoria da quinta edición con récord de proxectos candidatos.
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na presentación do encontro semipresencial Biotecnoloxía. Do descoñecemento (social) á necesidade (colectiva). Puxo en valor o apoio do Goberno galego ao sector a través da Estratexia de consolidación da biotecnoloxía 2021-2025, aprobada co obxectivo de maximizar o seu potencial a nivel internacional e transformar outros eidos produtivos. Salienta tamén a aposta pola dixitalización, a innovación e a Industria 4.0, impulsadas mediante o Plan de reactivación e dinamización, dirixido especialmente ás pemes.
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nas I Xornadas dixitais sobre tecnoloxías e solucións para a automatización (Digital JAI'2020). Destaca que o Goberno galego traballa para intensificar as transformacións tecnolóxicas entre o tecido produtivo galego e lembra as medidas incluídas no Plan de recuperación e dinamización económica. Apunta á colaboración entre empresas, centros de coñecemento e a Administración para atopar solucións ás exixencias actuais de produción e comercialización.