O director do Igape, Juan Cividanes, participou en Santiago nunha xornada sobre os apoios que ofrece Activa 4.0, programa desenvolto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial. Destaca a posta en marcha das novas iniciativas da Axenda 4.0 co obxectivo de potenciar a transformación dixital, como os centros de fabricación avanzada.
O programa da Consellería de Economía, Emprego e Industria conta cun orzamento dun millón de euros. Búscase impulsar a promoción exterior das pemes coa contratación de especialistas en comercio exterior, ao tempo que se facilita a incorporación ao mercado laboral de mozos profesionais e, como novidade nesta convocatoria, persoas maiores de 45 anos desempregadas.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará, con apoios de ata o 80% do investimento, a creación de espazos de uso aberto e compartido destinados a ensamblaxe, loxística e recursos tecnolóxicos, espazos ‘maker’ de fabricación compartida, así como ao acondicionamento especializado de solo industrial. A convocatoria complementa os dous Hubs de innovación dixital galegos que achegarán ás pequenas e medianas empresas unha carteira de servizos que lles permitirá avanzar nas tecnoloxías da fábrica intelixente e o big data.
O director do Igape, Juan Cividanes, visitou as instalacións da empresa Idebaf en Avilés, onde salientou que a colaboración entre comunidades é a mellor forma de defender os intereses produtivos comúns. Destaca os proxectos que o grupo empresarial asturiano, referente mundial da eólica offshore, desenvolve en Galicia a través da UTE Windar-Navantia.
O director do Igape, Juan Cividanes, informou dos resultados do comercio exterior galego nos primeiros nove meses do ano, nos que o superávit comercial superou os 1400 millóns de euros. O pasado mes de setembro as empresas galegas venderon ao exterior un 9,1% máis que no mesmo mes do ano anterior. Pon de manifesto o esforzo das pemes por mellorar a súa presenza nos mercados non europeos e lembra as axudas activadas polo Goberno galego para impulsar a diversificación de destinos.