Durante as últimas catro convocatorias realizadas na provincia de Lugo destas iniciativas, nas que colaboran a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI), foron apoiadas 85 novas empresas. Mañá preséntase a quinta edición do coworking de Mondoñedo, que leva promovido a creación de 53 empresas. O novo espazo de Palas súmase aos abertos este ano no Ribeiro e Moaña e aos xa activos en Mondoñedo, Monforte de Lemos, Celanova, Cabana de Bergantiños, Ferrol, Santiago e Vilanova de Arousa.
Os emprendedores poden inscribirse ata o 31 de xaneiro nas convocatorias das aceleradoras que se desenvolverán nestes dous concellos ourensáns. O novo espazo de Cenlle súmase aos abertos este ano en Palas de Rei e Moaña e aos xa activos en Celanova, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Cabana de Bergantiños, Ferrol, Santiago e Vilanova de Arousa. Durante as últimas edicións realizadas na provincia foron apoiadas 70 novas empresas.
Entre os que se convocan por primeira vez, destaca o proxecto Maquinaria 4.0, os apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada e o desenvolvemento de dous hubs de innovación dixital. Entre os existentes, salienta a cuarta convocatoria dos Proxectos Industria 4.0, para impulsar iniciativas que permitan seguir avanzando no desenvolvemento da fábrica intelixente e conectada en sectores estratéxicos da economía. A industria forestal contará un ano máis con programas específicos, por 12,4 M€, para realizar investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, así como para empresas da segunda transformación da madeira e o sector contract.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da nova liña, dotada con 16 millóns de euros, que facilitará ás empresas as infraestruturas necesarias para modernizar a industria galega. A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará, con apoios de ata o 80% do investimento, a creación de espazos de uso aberto e compartido destinados a ensamblaxe, loxística e recursos tecnolóxicos, acondicionamento especializado de solo industrial e espazos ‘maker’ de fabricación compartida. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 9 de marzo.
O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe na xornada Experiencias empresariais nas tecnoloxías 4.0, que reuniu en Ferrol a compañías e profesionais do norte da provincia coruñesa. Subliña o compromiso do Goberno galego no apoio á transformación tecnolóxica do tecido produtivo mediante as axudas á dixitalización, os Proxectos 4.0 e o resto de programas impulsados pola Axenda 4.0. O encontro enmárcase na colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer).