O director do Igape, Javier Aguilera, presenta en rolda de prensa as bases específicas de apoio á internacionalización que contan con 9 millóns de euros. Estas axudas súmanse ás xa convocadas para a contratación de xestores de internacionalización e ás bolsas para formar especialistas en comercio exterior, dotadas de modo conxunto con máis de 3 millóns de euros. Ademais, o programa ReExport financia as exportacións das empresas galegas mediante a mobilización de 8 millóns de euros en préstamos.
Economía e Industria destina 2,15 millóns á incorporación de xestores expertos en comercio exterior ás empresas, agrupacións e clusters, con axudas que poden cubrir ata o 90% do salario bruto. O Igape destinará ademais 1,1 millóns de euros á convocatoria de bolsas de promoción exterior para facilitar a formación práctica de novos titulados. Seleccionaranse 20 bolseiros que colaborarán coas empresas galegas nos principais mercados mundiais.
O conselleiro de Economía e Industria reúnese con empresarios galegos que están a mellorar a competitividade das súas compañías. Salienta a importancia desta nova liña de apoios que promove a modernización das empresas a través da substitución de maquinarias e equipamentos. Destaca tamén o programa Innoempresa, centrado no fomento da competitividade a través de procesos innovadores. "Entre ambos programas imos mobilizar 25 millóns de euros na mellora competitiva das pequenas e medianas empresas galegas", explica.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou que "facer accesible a innovación ás pequenas e medianas empresas terá un efecto multiplicador na creación de emprego e riqueza para Galicia". As axudas do programa que se vén de activar apoiarán actuacións de mellora organizativa, de xestión, de innovación tecnolóxica e de calidade. Os proxectos de empresas localizadas en zonas con plans Impulsa acadarán maior intensidade de axuda.
O director xeral, Javier Aguilera, visitou a empresa Nodosafer, que incrementou un 24% a cifra de empregados grazas a súa aposta pola modernización dos procesos de produción. A mellora competitiva acadada reverteu tamén nas exportacións, que no último exercicio supuxeron case o 40% da produción da empresa. Economía e Industria achega servizos avanzados a través do programa ReAcciona, e publicará en próximas datas novas convocatorias de axudas para facilitar investimentos tecnolóxicos e a incorporación de innovación a procesos e produtos.