Actualidade

O director do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro de traballo con xerentes dalgúns dos clústers galegos mellor posicionados cara a excelencia da xestión. A reunión serviu para preparar a conferencia internacional de clústers que se desenvolverá en Santiago a semana que vén.

Economía e Industria organiza, en colaboración coa CEO, a Fundación CEL e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra tres programas de formación teórica e práctica para apoiar a posta en marcha e a consolidación de novas empresas. Os seminarios van destinados tanto a persoas emprendedoras que pensan en montar un negocio como a empresarios ou autónomos con menos de 42 meses de actividade que queren avaliar ou reorientar a súa empresa.

O director do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, visitou hoxe as empresas Autoneum Spain, Pizarras Galegas e Bodegas Godeval. Mantivo tamén un encontro de traballo coa Asociación de Empresarios de Valdeorras, onde os informou sobre as diferentes ferramentas postas ao dispor do tecido empresarial pola Consellería de Economía e Industria. Destaca que ao abeiro do Impulsa a provincia de Ourense contará con discriminación positiva no novo programa para a atracción e dinamización de investimentos que porá en marcha a Xunta.

O director do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, destaca o potencial desta compañía na construción de pavimentos con materiais innovadores. Cun cadro de persoal integrado por 54 persoas, a empresa tamén está especializada na elaboración de reforzos estruturais e na reparación ou restauración de pavimentos de formigón. A compañía está a redefinir o seu modelo de negocio co apoio do programa ReAcciona coa idea de consolidar o seu liderado a nivel nacional e seguir medrando cara ao exterior.

O director do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións en Oleiros da compañía tecnolóxica, que progresa no ámbito internacional grazas aos seus constantes avances en innovación e calidade. Netex ofrece solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito da formación empresarial e docente; está implantada en India, Reino Unido e México e conta con distribuidores noutros mercados como Perú, Australia, Nova Zelanda, Sudáfrica ou Kuwait. A compañía ten contado con axudas do Igape para mellorar a súa competitividade e para a contratación de xestores de internacionalización.