Actualidade

Javier Aguilera recoñece que as alianzas no ámbito da canle “Contract” son imprescindibles para poder concorrer con posibilidades ás ofertas das multinacionais, que requiren equipamentos integrais altamente competitivos. A través de programas como o Primex a Xunta está a facilitar a cooperación de máis de 250 empresas en máis de 20 mercados internacionais. A cooperación, segundo subliña o director do Instituto, constitúe un recurso fundamental para que as empresas avancen na súa internacionalización con rapidez e seguridade.

O director xeral do Instituto adscrito á Consellería de Economía e Industria, Javier Aguilera, destacou, durante a xornada técnica desenvolvida en Santiago, os servizos e instrumentos de apoio habilitados para apoiar á actividade empresarial. Salientou que a Xunta dispón de subvencións a fondo perdido para apoiar investimentos comprendidos entre 35.000 e 500.000 euros, e microcréditos de 25.000 euros para apoiar pequenos investimentos.

A liña de apoios promove actuacións de difusión e promoción fóra da Comunidade Autónoma así como iniciativas orientadas ao acceso a mercados exteriores. Esta convocatoria de axudas permite avanzar no desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil, Visión 2020, consensuado no marco do diálogo social de Galicia.

Abel Veiga Copo é Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas, profesor e autor de numerosas publicacións técnicas en ámbitos xurídicos e de xestión e financiamento de empresas.

A convocatoria deste ano está dotada con máis de 8 millóns de euros que servirán para apuntalar as exportacións galegas, que creceron case un 20% nos seis primeiros meses do ano. O director do Igape, Javier Aguilera, destaca o récord de empresas exportadoras de xaneiro a xuño. Máis de 250 empresas galegas están xa a colaborar en 43 proxectos amparados polo Primex, que se están a desenvolver en 20 mercados estranxeiros.