O director do Igape, Javier Aguilera, inicia en Montevideo unha viaxe institucional na que manterá diversos encontros con empresarios do país na procura de investimentos e acordos para as empresas galegas. O obxectivo é ampliar as posibilidades de mercado dun país que ten rexistrado un incremento das exportacións galegas de case un 70% nos últimos catro anos.
O director xeral do Igape participou hoxe en Bruxelas nunha mesa redonda no marco da reunión do Grupo Interrexional do Automóvil (GIA). Aguilera Navarro destacou a importancia do sector en Galicia e o impulso do Goberno galego á mellora competitiva, a eficiencia e a electromobilidade.
O director do Igape, Javier Aguilera, participou na xornada sobre oportunidades de negocio co Reino Unido organizada en colaboración coa CEG. As exportacións a este país medraron nun 73% desde 2009, e máis de 400 empresas galegas exportaron en 2012 cara este mercado.
A convocatoria do programa Innoempresa que vén de resolverse destina preto de 3 millóns de euros ao desenvolvemento de actuacións en pequenas e medianas empresas nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión empresarial. Para facilitar o acceso das pemes a innovación, o investimento mínimo apoiado por proxecto situouse en 7.500 euros, podendo cubrir a axuda máxima o 50%.
As iniciativas de formación buscan apoiar a consolidación das empresas recén creadas, co obxectivo de reforzar o novo tecido económico galego. Empresarios e directivos de compañías galegas reciben apoio e asesoramento sobre o proceso internacionalización das súas firmas. Máis de cinco mil estudantes de secundaria, FP e Universidade participan en actividades que buscan crear unha nova xeración de emprendedores galegos.